COMEDOR ESCOLAR: AUTODECLARACIÓN
MODELO-IMPRESO de autodeclaración dos prezos públicos pola utilización do comedor:
Deberán ser entregadas no colexio cubertas antes do 11 de setembro de 2020.
Para a súa entrega:
- Por correo electrónico, preferiblemente:
ceip.eladia.marino@edu.xunta.es
- De modo presencial entre os días 2 e 10 de xullo de 2020.
O Equipo Directivo
ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS. 3º TRIMESTRE.CURSO 2019-20
Seguindo o establecido nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
* Adaptación Programación 1º EP
* Adaptación Programación 2º EP
* Adaptación Programación 3º EP
* Adaptación Programación 4º EP
* Adaptación Programación 5º EP
* Adaptación Programación 6º EP
* Adaptación Programación Música
* Adaptación Programación Inglés
RECOMENDACIÓNS SANITARIAS A ESTABLECER NOS CENTROS EDUCATIVOS DURANTE AS XORNADAS PRESENCIAIS E NOS PROCEDEMENTOS DE ATENCIÓN AO PUBLICO
Seguindo as RECOMENDACIÓNS SANITARIAS A ESTABLECER NOS CENTROS EDUCATIVOS DURANTE AS XORNADAS PRESENCIAIS E NOS PROCEDEMENTOS DE ATENCIÓN AO PUBLICO, que acabamos de recibir:
Deberase organizar o traballo de tal modo que se evite o contacto entre persoas ou, de non ser posible, se reduza a súa frecuencia, respectando, en todo caso, a distancia de seguridade. Deste modo, empregarase de xeito ordinario o teléfono e o correo electrónico entre o persoal e a cidadanía no centro educativo.
Para a atención á cidadanía poderanse utilizar mecanismos de organización de presenzas, como a cita previa, sempre que se garanta a recepción de solicitudes ou atención ao publico no horario habitual do centro.
POLO QUE:
Rogamos que, para poder acordar unha cita, de ser necesario acudir ao colexio, se pida telefónicamente ou por correo electrónico, para poder organizar ditas presenzas.
Agradecendo de antemán a vosa colaboración,
un saúdo,
Teléfono: 981431848
Correo: ceip.eladia.marino@edu.xunta.es
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO ESCOLAR 2020-2021 (actualizado 6-5-2020)
IMPORTANTE:
No DOG do día de hoxe (6 de maio de 2020), saíu publicada a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
Destacamos, aquí, o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.
2. Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
LÓVA ELADIA MARIÑO
Xa podedes visitar o novo blog
da clase de 5º de Primaria do noso colexio.
Podedes pinchar no título anterior, no noso logo, ou ben, buscar o enlace na columna da dereita. Esperamos que vos guste!
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2018-19
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN (ANEXO I E II)
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO ESCOLAR 2018-19
(cos libros que lle corresponden a cada un/unha)
LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO ESCOLAR 2018-19
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO ESCOLAR 2018-19
LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO ESCOLAR 2018-19
Ábrese un prazo de 2 días, seguintes á publicación das listaxes provisionais para posibles reclamacións (días 10 e 11 de xullo)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- seguinte ›
- última »
![CEIP PLURILINGÜE ELADIA MARIÑO. RSS Distribuir contido](/centros/ceipeladiamarino/misc/feed.png)