Secretaría

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR

13/03/2024 21:25
Europe/Madrid

Dende a pasada semana xa está instalado e en funcionamento o Punto Laranxa contra o acoso escolar, tanto na entrada do colexio coma na páxina web do centro.


O seu funcionamento é como o dun buzón a través do cal o alumnado ou familia pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufra o alumnado ou perciban en terceiros.

Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.

Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.

Devolución dos libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2022/2023

01/06/2023
Europe/Madrid

 

O alumnado de 3º de Educación Primaria, beneficiario de axudas no curso 2022/2023 está obrigado a devolver todos os libros comprados coa dita axuda, no centro, antes do 21 de xuño.

A non devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros e da convocatoria de axudas. Ademais, unha vez revisada a información das devolucións a consellería reclamará ás familias o importe da subvención concedida para este curso para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao vale.

Para evitar agrupacións de persoas no centro educativo propoñemos o seguinte plan para a devolución dos libros de texto:

Na semana do 12 ao  16 de xuño o alumnado irá deixando os libros na aula, onde a titora fará un reconto dos libros devoltos. Logo do reconto, os días 20 e 21 de xuño, desde a dirección do centro poñerémonos en contacto con aquelas familias ás que lles quede algún libro por entregar.

Calquera dúbida, podedes consultar na secretaría do centro.

 

AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2023-2024

21/05/2023 23:10
Europe/Madrid

Green & Tan Readers Book Lover List Informational Infographic de Laura Blanco

 

Dende o pasado sábado 20 de maio e ata o 21 de xuño, está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar para o vindeiro curso 2023-2024.

Recolle todo o referente a este fondo solidario a  Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Adxúntase nos anexos a solicitude que se debe cumplimentar para acceder a estas bolsas, xunto cun manual de preguntas frecuentes.

Calquera outra dúbida podedes consultala no centro.

 

 

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice a aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN

A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

 

Documentación que se debe entregar: 

1. SOLICITUDE: ANEXO I e ANEXO II

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2022/2023

Bo día familias:

Publicamos a nova orde para participar no fondo solidario de libros de texto, así como a axuda para adquirir libros de texto e material escolar para o próximo curso 2022/2023:

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.

Presentación das solicitudes (preferentemente de xeito telemático):

- Na sede electrónica a través da aplicación FONDO LIBROS.

- Na sede electrónica da Xunta.

- Presencial na Secretaría do Centro: Anexo I e Anexo II

 

Deixamos tamén o extracto da Orde do 29 de abril de 2022

 

Un saúdo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2022-2023

Definitivamente, foron admitidas todas as solicitudes presentadas para o curso escolar 2022-2023.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Provisionalmente, foron admitidas todas as solicitudes presentadas para o curso escolar 2022-2023.

Primeira circular curso 21-22

SorrisoESTIMADAS FAMILIASSorriso

ADXUNTAMOS INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ESTE COMEZO DE CURSO.  OS TRES PRIMEIROS ARQUIVOS, TEÑEN QUE VIR DE VOLTA ASINADOS (AUTORIACIÓN DE IMAXE,  SAÍDAS Á CONTORNA E  PROTOCOLO SANITARIO).

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

COMIENZO DE CURSO 19/20. - Instituto de Educación Secundaria LA ARBOLEDA

Distribuir contido