AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR ATA O VENRES 22 DE XUÑO ÁS 14:00H

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).