ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa. 

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador. 

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental. Dentro desta inclúense non só os mestres, senón tamén as familias e o persoal de servizos que traballa a diario no centro.

A enquisa estará dispoñible ata o 29 de abril de 2021 . É anónima e voluntaria. Tan só se deberá introducir a clave achegada para poder cubrila.

As ligazóns de interese, dependendo do colectivo dende o cal resposte á mesma, son os seguintes:

- familias

- profesorado

- persoal de servizos

- alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria