RECOMENDACIÓNS DENDE AS TITORÍAS E DOUTRAS ÁREAS

Xa están á dispoñibilidade as recomendacións, actividades, ligazóns... para que o alumnado de Educación Primaria poida refrescar o traballado e continuar o seu proceso de aprendizaxe. Para acceder, deberase clicar no lateral dereito, bloque de Actividades, e dentro del, en cada grupo e/ou nas distintas áreas.

Tamén poderá acceder a través dos enlaces:

EDUCACIÓN INFANTIL

INGLÉS EN EDUCACIÓN INFANTIL

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

INGLÉS- PRIMARIA

EF

MÚSICA

 

NOVAS INSTRUCIÓNS EN RELACIÓN CO COVID-19

Estimadas familias: Poñemos no seu coñecemento que na xornada de hoxe publicáronse novas instrucións en relación co COVID-19. Poden consultalas no seguinte enlace

Novas instrución en relación co COVID-19

Sinalar que nestas novas instrucións o prazo de admisión de matrícula ampliarase provisionalmente finalizando unha semana despois do reinicio das clases.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

De cara ao traslado de información ás familias de xeito continuado e permanente, procederase ao envío de circulares, notas informativas e outros contidos que sexan de interese a través da aplicación abalar móbil. No caso que alguén teña dúbidas sobre como realizar a descarga, instalación e outros detalles da mesma, deixamos o seguinte enlace para consulta:

Espazo Abalar- Abalar Móbil

Ademais de empregar esta aplicación, seguirase informando a través da páxina web e do blog do centro co fin de que as novas cheguen a toda a comunidade educativa.

Nas vindeiras horas, procederase a través nesta web a realizar indicacións, recomendacións dende as diferentes aulas e titorías. As aulas de 5º e 6º achegarán este tipo de información a través da plataforma EVA ennmarcada dentro do proxecto E-Dixgal.

Achegaranse diferentes documentos con contidos, hiperligazóns, recomendacións lectoras e doutro tipo co fin de minimizar o impacto da medida da suspensión das actividades lectivas no noso alumnado.

Dende o centro comunicar que a Biblioteca permanecerá pechada hoxe día 13 de marzo de 2020 ata que se comece de novo a actividade lectiva.

Estando aberto o prazo de admisión de matrícula de cara o vindeiro curso 2020/21, sinalar que se recollerán a documentación no centro. lembramos que o prazo remata o vindeiro 23 de marzo de 2020 para facelo de carácter presencial no centro ou o día 20 de marzo de 2020 de facelo de xeito telemático.

Calquera outra consulta, poden contactar co centro a través do correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.es ou nos teléfonos 886151171 / 886151172

 

Suspensión das actividades lectivas

Infórmase á comunidade educativa que dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional están publicadas todas as medidas a adoptar e todos os centros de encisno en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturias contados dende o día 16 de marzo de 2020. Poden consultarse no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

Información sobre o COVID-19 (Coronavirus)

 Información sobre o COVID-19 (Coronavirus)

Dende o CEIP Plurilingüe de Castrelo informamos que no centro estase a facer un seguemento de todas as recomendacións e directrices da Consellería de Educación e do resto de organismos oficiais en relación co COVID-19 (coronavirus).

En relación a esto, indicamos que a vida do centro estase a levar con total normalidade a pesar de que se tomarán as medidas hixiénicas propias que sinalan as autoridades sanitarias.

Pedimos a colaboración dende as familias para inculcar hábitos saudables e traballar nas medidas de prevención, así como se se detecta febre ou algún dos síntomas no alumnado ou na familia, nolo poñan en coñecemento e non os traian ó centro.

Para mais información, pregamos consulten a seguinte ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

 Así mesmo, estase a traballar o tema nas aulas co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de adoptar unhas correctas medidas de hixiene persoal na prevención de enfermidades.  Na seguinte ligazón, pódese ver un resumo das medidas a adoptar elaborado polo alumnado de sexto de primaria.

https://ceipdecastrelo.wordpress.com/2020/03/10/en-modo-prevencion/

Normativa de Organización e Funcionamento do Centro

Derivada da situación de pandemia e de diferentes contextos de ensino que se pudieran dar para o noso alumnado, a Normativa de Organización e Funcionamento do Centro axeitouse a esta nova situación e posibles escenarios en canto deberes e dereitos de todos os membros da comunidade educativa.

Dada a importancia que este documento ten para o funcionamento do centro, convidámolos a que o consulten, ben na Secretaría do Colexio, ben no arquivo adxunto.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

O Calendario Escolar para o curso 2019-2020 pódese consultar no seguinte enderezo web:

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

Ademais dos sinalados no calendario escolar, serán días non lectivos o 20 de marzo de 2020 e o 4 de maio de 2020, aprobados ambos pola Xefatura Territorial de Pontevedra.

INICIO DO CURSO 2019-2020

As clases en Ed. Infantil e Ed. Primaria comezarán o vindeiro mércores 11 de setembro de 2019.

O horario será de 09:00 a 14:00 horas, como unha xornada lectiva máis.

O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) ten período de adaptación. Consultar horarios no centro.

Funcionarán normalmente os servizos de Transporte, Comedor e Plan Madruga.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2019/2020 (CENTROS ADSCRITOS)

A partir do 1 de febreiro ata o vindeiro 15 deste mesmo mes, queda aberta a reserva de praza para centros adscritos (neste caso para Educación Secundaria Obligatoria no IES Francisco Asorey). Poderase facer a mesma entregando o Anexo I, formulario de solicitude, código ED550A, que foi aprobado como anexo  da Orde do 25 de xaneiro de 2017.

O modelo consta na aplicación dende o venres 25 do mes de xaneiro e na Sede Electrónica, no momento de apertura do prazo, da Xunta de Galicia. Sinalar que, no caso de que o soliciten as persoas indicadas a través da aplicación da Consellería, deberán facilitar tamén unha copia en papel na secretaría do centro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2019/2020

Rematado o prazo de reclamacións, publícase a listaxe  provisional de alumnado para a súa admisión no centro para o vindeiro curso 2019/2020.  Para ver a listaxe completa, abra o arquivo adxunto.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 xuño.

 

Distribuir contido