IDENTIFICARSE NA AULA VIRTUAL

Durante a próxima semana o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria deberase identificar na Aula Virtual do centro. Para iso, dende a plataforma Abalar achegarse un nome de usuario e contrasinal provisional que deberá ser cambiada a primeira vez que accedades á Aula Virtual. A continuación podedes consultar o titorial para ver como é este proceso.

Identificarse na Aula Virtual

VOLTAMOS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Xa estamos a día 14 de abril e achegámonos a todos vós con novas recomendacións das diferentes materias e niveis. Esta semana comezamos a traballar dende a Aula virtual do centro nos niveis de Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º. Poderás acceder a ela clicando nesta no anterior enlace (subliñado en diferente cor neste texto), indo á parte superior desta páxina e premendo en Aula Virtual e tamén a través das ligazóns a continuación de cada curso:

- Educación Infantil

- 1º EP

- 2º EP

- 3º EP

- 4º EP

Dentro de cada nivel , o alumnado atopará actividades, non só das materias da titoría, senón tamén das especialidades. Ademais dentro da Aula Virtual tamén haberá outros bloques como Educación Física ou Xogamos con Castrelix que tamén teñen contido e poden ser visitados xa que teñen unhas propostas que inclúen a varios cursos.

O alumnado de 5º e 6º traballará a través da plataforma EVA como xa é costume. Alí atopará as propostas en cada unha das materias (Inglés, Ciencias, Linguas, Música...) Ademais poderá consultar unhas indicacións da titoría de 6º e de Inglés, premendo nos enlaces a continuación:

- 6º EP

- INGLÉS 5º E 6º

 

IMPRESIÓN DE MATERIAL

Dende o centro queremos informar da iniciativa do Concello de Cambados en relación á impresión de material que comezou a organizar na pasada semana xa que algunhas familias non dispoñen de medios para imprimir propostas que se están a facer dende o centro para continuar e reforzar aprendizaxes, aínda que tamén debemos indicar que moitas delas son interactivas e outras pódense faer simplemente copiando, empregando libretas, realizando traballos manuais, etc.

Na xornada de onte, a todas as familias do alumnado de Primaria que dispoñen da aplicación Abalar Móbil chegoulles un aviso desta iniciativa. Cómpre sinalar a importancia de ser responsables co uso e coa solicitude da mesma xa que se trata dun ben común de toda a Comunidade. Por iso pedimos mesura e solicitala sempre e unicamente que sexa preciso.

Para poder acceder a este servizo, as familias interesadas deberán contestar a través da aplicación Abalar Móbil da solicitude da mesma. A comezos da próxima semana (a partir do luns 13 de abril de 2020), porémonos en contacto individualmente con cada un dos responsables para información e/ou achegar a información que sexa precisa sobre esta iniciativa.

DÍA 2 DE ABRIL: UN DÍA MOI ESPECIAL

Hoxe é 2 de abril. Évos un día moi sinalado no noso calendario porque se festexan dúas cousiñas moi especiais. A primeira é o día  mundial da concienciación sobre o Autismo. Pola mañá xa vos invitamos a que nos enviedes as vosas pezas decoradas para conmemoralo. Pincha aquí e saberás como facelas.

Ademais de poder enviar as imaxes e os vídeos ó correo do cole (ceip.castrelo@edu.xunta.es), a partir de mañá e entre as 10 e as 14 h, poderedes enviar as vosas fotos e vídeos ó móbil do centro. O seu número é 639 588 062

A outra cousiña a festexar é que hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil. Xa que nos están chegando as vosas imaxes ó correo, os profes e demais persoal do cole tamén queriamos celebrar este día e que nos vexades. Para iso, aquí nos tedes con todo o noso cariño adicándovos unhas palabriñas e amosándovos libriños que nos gustaron de pequenos e outros de cando non eramos tan novos. Clica para poder ir ó Blogue De Castrelix e ver o vídeo.

 

LANZÁMOSVOS UNHA PROPOSTA...TEApuntas?

Hoxe día 2 de abril, conmemórase o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo" e dende o CEIP de Castrelo querémosvos enviar un reto as vosas casas....TEApuntas?
Pois clica no documento adxunto e comprobarás o reto que vos queremos propoñer. A ver se entre todos o conseguimos!!

Recomendacións para a semana do 30 de marzo ó 3 de abril

Hoxe é luns 30 de marzo e con el comezamos a derradeira semana antes de ter un descanso pola Semana Santa. Por iso, adxuntamos todas as propostas que temos para estes días dende todos os niveis do centro. Ademais paulatinamente irase configurando e realizando tarefas na Aula Virtual do centro. Ademais de facer clic na ligazón de antes, tamén podedes acceder a ela a través da páxina web. O acceso está na marxe superior dereita da páxina. Nesta semana comezamos de modo sinxelo a empregala, pero en vindeiras ocasións xa vos achegaremos mais información sobre a mesma.

Aquí tedes as propostas por niveis e materias:

EDUCACIÓN INFANTIL

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

INGLÉS ED.PRIMARIA

ARTS (PLÁSTICA EN INGLÉS) Actividade para os cursos de 3º, 4º e 5º.

EDUCACIÓN FÍSICA

MÚSICA

RELIXIÓN CATÓLICA

OS RETOS DE CASTRELIX

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (AL E PT)

 

Lembrar que o venres 3 de abril publicaranse as notas da 2º avaliación a través da aplicación Abalar Móbil. Polo tanto, será preciso que a instalen, de non telo feito xa, nos seus dispositivos móbiles.

 

AVALIACIÓN E NOVAS DENDE A CONSELLERÍA

Publicadas as últimas informacións dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (clica aquí para ver o contido), informamos á comunidade educativa das seguintes novas:

- procederase a avaliar o segundo trimestre co traballado nas diferentes áreas e materias ata a suspensión das clases pola situación actual de estado de alarma e alerta sanitaria ( 13 de marzo de 2020)

- polo tanto, modificaranse contidos e competencias básicas de cara o terceiro trimestre.

- non se realizarán neste curso académico as probas de diagnóstico nos niveis de 3º e 6º de Educación Primaria.

 

As cualificacións do alumnado, tanto de Educación Infantil como da etapa de Educación Primaria, publicaranse o venres 3 de abril de 2020 ás 13:00 h. O medio da súa publicación será a aplicación Abalar Móbil, polo que aconsellamos ás familias que se non a teñen instaladas nos seus dispositivos electrónicos (móbil, tablet...) o fagan nestes días. Para proceder á descarga poden facelo dende a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Unha vez retomadas as clases, farase entrega do boletín en formato papel para proceder á firma do resgardo do mesmo como xa é habitual.

Lembramos e recomendamos que revisen esta páxina web xa que nela estanse a subir recomendacións, tarefas, actividades... para o alumnado que poden facer dende as súas casas. Poden facer chegarnos calquera imaxe, vídeo, audio... dalgunha das actividades feitas a través do correo do centro (ceip.castrelo@edu.xunta.gal) para posterior realización de actividades, murais, vídeos... sendo protagonistas desto todo o noso alumnado.

 

 

NOVAS ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

Comeza unha nova semana e con ela achegámosvos novas propostas realizadas polos mestres do noso cole. Son variadas e, na maioría dos casos, detalladas para poder facer un pouquiño cada día. Esta semana ademais achéganse propostas e/ou informacións dende o Obradoiro de matemáticas manipulativas ó que asisten todas as semanas todos os cursos de primaria e tamén recomendacións dende o noso Departamento de Orientación para facernos mais levadeiras estas xornadas de confinamento. Ademais animamosvos a que nos enviedes algunha foto do voso día a día nestes días complicados. Unha foto dunha tarefa proposta, unha actividade... Para iso, fai a foto ou un vídeo con pouca duración (para que non sexa moi pesado) e reenvíanolo ó correo do cole (ceip.castrelo@edu.xunta.gal). Así ó regreso poderemos reencontrarnos con mais recordos e cunha morea de imaxes. Ánimo e a continuar aprendendo!!!!

INFANTIL

1º EP

2º EP

3º EP (continúan coa planificación xa plantexada a anterior semana que incluía as actividades desta)

4º EP

5º EP (todas as achegas están feitas nas materias dentro do entorno EVA)

6º EP

INGLÉS (contén actividades para todos os niveis de primaria )

EDUCACIÓN FÍSICA (para todos os niveis)

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS (actividades para cada un dos niveis de primaria)

RECOMENDACIÓNS DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 

SUSPENSIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Polo tanto, e seguindo o xa publicado con anterioridade, lembramos que dito proceso retomarase  durante unha semana despois do reinicio das clases.á volta das actividades lectivas

PRESENZA DE PERSOAL NO CENTRO EDUCATIVO

Seguindo a Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas  e Xustiza, diante das modificacións do derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse que nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas

 

Ante a necesidade e a instrución da non libre circulación de persoas, ante calquera aclaración e dúbida poden poñerse en contacto co centro no horario sinalado preferiblemente vía telefónica (886 151 171 / 886 151 172) ou a través do correo electrónico (ceip.castrelo@edu.xunta.gal)

Distribuir contido