Esquema de temas

  • OS RETOS DE CASTRELIX

    Benvidos ós nosos retos!! Para iso accede ó taboleiro do teu curso e ponte a xogar!!! Non te despistes que hai retos mais doados que outros. E non esquezas de mandarnos algún deles. Querémoste ver!!!

    Cando remates un, dalle á frecha de navegación para ir atrás e volver ó taboleiro. Así de sinxelo!!!

  • XOGAMOS

    Destacado

    Neste apartado poderás ver titoriais de xogos. Algúns deles os temos no cole. Moi atent@ que tamén os podes contruír con materias de reciclaxe algúns e outros adaptando recursos e outras cousiñas que teñas pola casa.

    • Como estamos a traballar nos xogos, ben sabedes que temos moitos no cole. Algúns deles xa os estades usando no recreo e outros no tempo de mate, en ratiños libres en clase... 

      Aquí tedes o titorial sobre o Reversi, tamén chamado Otelo. Igual algún de vós xa o ten na casa. Pero se non é así, tamén o podedes elaborar vós mesmos. Ánimo que se pasa moi ben xogando!!!

    • Neste vídeo poderás ver unha nova modalidade para xogar ó tres en raia . E de creación propia!!!

    • Neste vídeo poderás coñecer as normas deste xogo de mesa. Recoméndoo a partir de 3º/4º en diante. Ti podes!!!

    • Esta semana traémosvos un novo titorial de xogo. Nesta ocasión trátase do Piko Piko el Gusanito. Algúns de vós xa o coñecedes porque o temos no obradoiro de mate e no material dos xogos do recreo. Se aínda non sabes como se xoga, moi atent@.

    • Esta semana traemos un novo xogo. Sabes como vai o Uno? Sabes contar e sumar ata 10? Pois se dominas estas dúas premisas estás preparad@ para comezar.

  • OS XOGOS OLÍMPICOS DE CASTRELIX