Skip to Content

Aplicación Badyg 6º EP

Estimadas familias de 6º EP,

Achegamos comunicado  para a aplicación do Badyg en 6º de E. Primaria.


Un cordial saúdo

Admisión 21/22, Listaxe Provisional

A Listaxe Provisional de Alumnado Admitido para o Curso 2021/22 foi publicada. 

A consulta consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

  • Presencial:  Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar 
  • Non Presencial: Única e exclusivamente a través da app admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

A Lei de Protección de datos prohibe a publicación desta listaxe na web. Todas as solicitudes presentades foron finalmente admitidas.

Un saúdo.

O Equipo Directivo

Info Concello- Actividades Lecer

Bo día,

Partillamos a seguinte información do Concello de Coristanco:

Poñémonos en contacto con vostedes para facerlles chegar a proposta de actividades que se van levar a cabo en distintos puntos do municipio por parte de EFA Fonteboa como prácticas para os seus alumnos de  monitoraxe no tempo libre. Tratase dunhas actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos nos lugares de San Roque, Erbecedo, Agualada e Rececinde. As inscricións deberán realizarse na Biblioteca Municipal, no teléfono 651.66.49.08 ou por correo electrónico en biblioteca@coristanco.gal.

Tedes toda a información nos documentos adxuntos a esta mensaxe.

Na Agualada as actividades serán: luns 12 abril, xoves 15 abril, luns 10 de maio, xoves 13 de maio, luns 7 de xuño, xoves 10 de xuño.

O centro cederá o patio exterior para a realización destas actividades, que serán fóra do horario lectivo a cargo do Concello e EFA Fonteboa. As inscricións non se farán ao centro senón a través das canles facilitadas.

Un cordial saúdo

Semana da Prensa

Aquí tedes o novo número do noso xornal co gallo da Semana da Prensa, coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG):

Boletíns 2º Trimestre e Vacacións

Bo día, remata o 2º trimestre do curso 2020-21 e como xa fixemos anteriormente, publicaremos os boletíns vía Abalar o venres 26 de marzo ás 17h. Para calquera incidencia tecnolóxica comunicádevos cas titoras/es para intentar resolvelo o antes posible. Alén disto, recordamos que volveremos ás aulas o martes 6 de abril.

Agradecemos a colaboración da comunidade educativa durante este curso para manter unha situación estable coa COVID19 e pedimos un último esforzo de responsabilidade durante estas vacacións para este final de curso. Non nos relaxemos e sigamos extremando as precaucións e facendo caso das indicacións das autoridades sanitarias.

Gracias e un cordial saúdo.

O Equipo Directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut