Skip to Content

Info Concello- Actividades Lecer

Bo día,

Partillamos a seguinte información do Concello de Coristanco:

Poñémonos en contacto con vostedes para facerlles chegar a proposta de actividades que se van levar a cabo en distintos puntos do municipio por parte de EFA Fonteboa como prácticas para os seus alumnos de  monitoraxe no tempo libre. Tratase dunhas actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos nos lugares de San Roque, Erbecedo, Agualada e Rececinde. As inscricións deberán realizarse na Biblioteca Municipal, no teléfono 651.66.49.08 ou por correo electrónico en biblioteca@coristanco.gal.

Tedes toda a información nos documentos adxuntos a esta mensaxe.

Na Agualada as actividades serán: luns 12 abril, xoves 15 abril, luns 10 de maio, xoves 13 de maio, luns 7 de xuño, xoves 10 de xuño.

O centro cederá o patio exterior para a realización destas actividades, que serán fóra do horario lectivo a cargo do Concello e EFA Fonteboa. As inscricións non se farán ao centro senón a través das canles facilitadas.

Un cordial saúdo

AdxuntoTamaño
IMG-20210405-WA0010.jpg54.7 KB
20210330104854.pdf46.83 KB


blog | by Dr. Radut