Skip to Content

Axuda para a adquisición de libros de texto: Curso 2015/2016

Axuda para a adquisición de libros de texto: Curso 2015/2016

O proceso de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2015-2016 ven regulado por dúas normas:

. Dirixida ao alumnado que no vindeiro curso 2015-2016 vai estar matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º da ESO. A orde que regula é a do 22 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño de 2015) de axudas para adquisición de libros.

 

IMPORTANTE: Infórmase ás familias dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria que recibiron vales de axuda para a adquisición de libros de texto no curso 2014 - 2015 que deben devolver os libros adquiridos con cargo a ditos vales os días 17 e 18 de xuño.


 

1ª Orde do 22 de Maio Axuda adquisición de libros (1º,2º,4º e 6º de primaria e 1º e 3º de secundaria).

 Obxecto da convocatoria e procedemento

Segundo a Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), convócanse axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en  1º,  2º,  4º  e  6º  de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial,  en  centros  sostidos  con  fondos  públicos,  para  o  seu  uso  no  curso escolar 2015/16.

Solicitudes e documentación

Deberán presentar a solicitude cubrindo o Anexo I (modelo normalizado ED330B) que poderá recoller no propio Centro ou directamente do DOG do 22 de maio de 2015 (páxinas 21308 á 21310) ou tamén na páxina web do Colexio (premer no enlace) ou na da Consellería http://www.edu.xunta.es/web/axudaslibros

Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno presentarase orixinal e copia da documentación,  co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.  En caso de que a presentación non se faga no centro deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

Xunto co Anexo I deberán presentar no Centro a seguinte documentación:

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2012:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, segundo establece o Decreto 229/2011, do 7 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 21), unicamente deberá presentar a solicitude de axuda.

O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a  certificación emitida polo órgano competente do grao de discapacidade, xunto coa solicitude da axuda.

Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

IMPORTANTE: O Anexo I deberá entregarse no centro perfectamente cuberto en TÓDOLOS seus apartados, asinando na folla 3 os membros da unidade familiar que corresponde.

As solicitudes entregaranse no Centro e presentarase unha solicitude por cada alumno.

O prazo de presentación das solicitudes será:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 1 de xullo de 2015, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.

Posteriormente o Centro entregaralles un vale por alumno para adquirir os libros de texto.

Contía das axudas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concederá as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2013. A renda per cápita calcularase sumando os recadros 366 e 374 na declaración dos membros que a presentaron e dividindo entre o número de membros da unidade familiar. No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar durante o exercicio 2013

Educación primaria:

  • Familias monoparentais:

o    Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
o    Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

  • Resto das familias:

o    Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
o    Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

 Educación secundaria obrigatoria:

  • Familias monoparentais:

o    Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 180 €.
o    Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 104 €.

  • Resto das familias:

o    Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 180 €.
o    Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 104 €.

No caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima correspondente ao ensino e curso en que estean matriculados

Obrigas dos beneficiarios

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:

a) Seguir as directrices que marca a orde da convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición dos libros de texto propios do curso académico para o que se solicitou a axuda, segundo a relación que, para tal efecto, teña publicado o centro onde estea matriculado o alumnado.

b) Cooperar coa Administración educativa en cantas actividades de inspección e verificación leven a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.

c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/15 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros), que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso.

Exclúese desta obriga o alumnado beneficiario de 1º e 2º de primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, nos casos en que o material adquirido con cargo a axuda non poida ser reutilizado..


 

 

AdxuntoTamaño
generarPlantillaPDF (2).pdf344.3 KB
Solicitude_bancolibros (1).pdf399.06 KB
Orde 21 maio 2015.pdf702.46 KB
Orde 22 maio 2015.pdf924.49 KB


page | by Dr. Radut