Skip to Content

Blogues

Estatísticas Recreos Residuos Cero ♻ (xaneiro)

Publicamos os resultados do mes de xaneiro a nivel centro e para cada unidade. Parabéns a todas as clases polo esforzo, especialmente á de Educación Infantil que porcentualmente foi a que máis merendas ♻ sen residuos conseguiuGuay! Facede click na imaxe . Continuamos!

Día da Paz 2020

Co motivo da celebración do Día da Paz realizamos unha xornada de convivencia co CEIP As Forcadas de Corme. Toda a recaudación da xornada será destinada á ONG Save the Children.

 Para ver o vídeo pulsade aquí.

Moitas grazas as familias polas súas aportacións e ao cole de Corme pola súa colaboración. Sorriso

 

 

Por un futuro sen contaminación

Aquí tedes este vídeo realizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria na materia de Valores na que queren un mundo mellor e sen contaminación, axudámolos?

Temos novidades

Como xa sabedes no cole estamos a traballar dentro do noso Proxecto Anual Integrado a reciclaxe.

Despois de organizar e traballar nas aulas comezamos neste novo ano un proceso que consistirá en reducir os residuos das merendas durante o curso escolar.

Para iso deberemos usar, maioritariamente, envases retornables, co fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, papel de aluminio, etc.

Cada día, cada aula, rexistrará como veñen as merendas para a final da semana facer reconto dos mesmos e a final de mes un gráfico para comparar os resultados e a evolución do programa.

A maiores, realizaremos un Patrulla Verde polos patios co fin de concienciar e aprender a reciclar os nosos residuos. Cada día da semana irá un grupo de nenas e nenos de un curso diferente a facer as gardas da reciclaxe explicando as compañeiras e compañeiros onde tirar cada residuo.

Ademais utilizaremos una estrutura de madeira para recolectar todos os plásticos que xeramos no cole e así poder mostrar o impacto na súa totalidade.

Temos que agradecer a colaboración da Carpintaría David Varela na dación da estrutura que nos facilitará a visibilidade dos residuos.

 

 

 

 

 

 

 

Felices festas

A comunidade educativa do CEIP de Bormoio-Agualada deséxavos unhas boas festas!

 

Vémonos a volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut