Skip to Content

blogue deOlalla

Eleccións do representante das familias ao Consello Escolar

Envíase información sobre o proceso de elección dos representantes das familias ao consello escolar, de acordo á Resolución do 20 de setembro de 2021. 

Resolución do DOG nº 188 do 2021/9/29 - Xunta de Galicia

 

Constitución da Xunta Electoral

Comezan os procesos de constitutución do Consello Escolar. 

Hoxe publícase no taboleiro de anuncios do Centro a data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros, da Xunta Electoral (Artigo 30 do decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1995, e decretos 324/1996 e 374/1996, e 7/1999). 

Do mesmo xeito, podedes consultar o censo dos pais/nais e titores legais na secretaría do centro. 

Madrugadores

Este programa consiste nunha ampliación do horario de apertura durante os días lectivos e polo tanto desenvolverase no período anterior ao comezo das actividades docentes. O servicio de madrugadores ten como principais obxectivos:

• Conciliar a vida laboral e familiar

• Fomentar hábitos de alimentación saudable.

Se estades interesados no servicio de madrugadores , indicarnos o voso nome e nenos que poderían utilizalo, ademais dun numero de telefono (ata o mércores 11 de Agosto).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut