Skip to Content
O obxectivo desta páxina é manter aos pais dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS ADMITIDOS PARA O CURSO 2016-2017

Esta é a lista definitiva de alumnos admitidos para o curso 2016-2017.
Recordade que deben formalizar a súa matrícula e entregar a documentación entre os días 20 e 30 do mes de xuño.

Facede clic na imaxe para ver a lista.

https://drive.google.com/file/d/0B6s5xMmmKvRLaE9naF9Gb0dPMmc/view?usp=sharing

XXVII OLIMPÍADA DA ROSCA - MARZO 2016

Este é o vídeo da celebración da XXVII Olimpíada da Rosca deste ano que, por mor do mal tempo, tivo que celebrarse dentro do pavillón.

Apadriñamento lector - Abril 2016

Con motivo do Día do Libro, abril 2016, a Biblioteca de centro promoveu unha actividade de lectura colectiva na que os nenos de 3º, 4º e 5º e 6º de Primaria apadriñaron aos nenos de Educación Infantil, 1º e 2º. Neste día, o 25 d abril, cada padriño/madriña fíxose cargo do seu afillado e saíndo ao patio para lerlle un conto.
Este foi o resultado.

A familia Trebón: Un agasallo para as hortas

Xa tedes á vosa disposición o novo videoconto de serie “Planeta Verde”, que leva por título “Un agasallo para as hortas”.

 

Anselmo Trebón recibe un premio especial: un recipiente para elaborar compost na súa propia vivenda e contribuír, dunha forma ecolóxica, á reciclaxe dos restos orgánicos en orixe. Pero non todo é compostable, polo que resulta necesario informarse previamente sobre os refugallos que poden e non poden ser depositados no composteiro.

 

A familia Trebón: Un agasallo para as hortas

Xa tedes á vosa disposición o novo videoconto de serie “Planeta Verde”, que leva por título “Un agasallo para as hortas”.

 

Anselmo Trebón recibe un premio especial: un recipiente para elaborar compost na súa propia vivenda e contribuír, dunha forma ecolóxica, á reciclaxe dos restos orgánicos en orixe. Pero non todo é compostable, polo que resulta necesario informarse previamente sobre os refugallos que poden e non poden ser depositados no composteiro.

 

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS PARA O CURSO 2016-2017

No seguinte enlace podedes consultar a Lista de alumnos admitidos para o curso 2016-2017.

Recordade que a formalización da matrícula terá que facerse entre o 20 e o 30 de xuño.

LISTA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2016-2017

A familia Trebón: Un almorzo completo

Aquí tedes, baixo o título “Un almorzo completo”, o novo videoconto da serie “Planeta Verde” de Sogama.
Vito e Lilia fanse eco da importancia que ten afrontar cada día cun almorzo completo, variado e equilibrado no que non falten as froitas, os lácteos e os hidratos de carbono. Aproveitando a ocasión, recordan que, unha vez rematada a primeira inxesta do día, hai que recoller a mesa e separar os residuos de forma correcta para depositalos posteriormente nos contedores correspondentes e así propiciar a súa reciclaxe: o brick  do leite, no amarelo; o tarro da marmelada, no iglú verde; e a caixa de cereais, no azul.

Entroido 2016 - As Fotos

Si queredes descargar as fotos facede clic na presentación.

 

Entroido 2016 - As Fotos (Videomontaxe)

Estas son as fotos que se fixeron no entroido.

Entroido 2016 - O Desfile

Por problemas técnicos perdéronse as gravacións de vídeo feitas nas aulas. Este é o vídeo do desfile do entroido deste ano.
Distribuir contido


by Dr. Radut