Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

O obxectivo desta páxina é manter ás familias dos nosos nenos e nenas en contacto coa actividade diaria do Centro.

LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Esta é a listaxe definitiva de axudas para libros e material para o vindeiro curso 2018-19

LISTAXE

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

Esta é a listaxe definitiva de adxudicación de libros de fondo para os alumnos de 3º a 6º:

LISTAXE

LISTAXE PROVISIONAL DE AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Esta é a listaxe provisional de axudas de libros e material.

Clicade aquí: LISTAXE

 

  • IMPORTANTE: A vindeira semana será publicada a listaxe definitiva de axudas de libros e material.

 

  • DATAS DE ENTREGA DE VALES:  5 e 6 de xullo de 10:00 a 13:00

   (despois destes días, os vales soamente serán entregados no mes de setembro)

 

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS

Esta listaxe é provisional, só aparece o número de libros asignados a cada alumno/a. 

Próximamente  publicaremos a listaxe definitiva,  onde aparecerán  xa os libros que corresponden a cada alumno/a.

Para ver a lista pincha LISTAXE

 

  • IMPORTANTE: Lembrade que os libros de texto serán entregados aos nenos/as ao inicio das clases (o 12 de setembro)

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

Aquí tedes os libros de texto para o curso 20182019

 

 

LIBRO VIAXEIRO 2017-18

 

Pincha na imaxe para ver o vídeo

Visita de "Tarabelos"

O pasado venres con motivo das Letras Galegas, tivemos o enorme pracer de contar coa actuación de "Tarabelos".

A través do conto "Sabela e o paxaro máxico" descubrimos cousiñas sobre María Victoria Moreno e tamén a que ulen os contos. Grazas por facernos pasar un momento máxico!

Pincha na foto para ver as imaxes.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/2019

 

Ven de convocarse a orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, secundaria e educación especial (DOG 21 de maio 2018)

DESTINATARIOS DAS AXUDAS:

1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º,2º,3º, e 4º da ESO.

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros de texto.

 

- Alumnado en situación de  garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis (6) libros con independencia da renda.

 

2.-AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria (curso 2018-2019)

- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €

- Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €

3.-AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Todo o alumnado de primaria (curso 2018-2019)

 

Todo o alumnado matriculado en Educación primaria. (curso 2017-2018), con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 50 €

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 22 de maio ao 22 de xuño de 2018 incluídos

Modelo solicitude

Orde 9 maio 2018

Día da familia

Pincha na foto para ver o video.

I XOGOS OLÍMPICOS CEIP CRUZ-BUDIÑO

Este ano, por primeira vez no noso centro, imos levar a cabo un Proxecto adicado aos Xogos Olímpicos.

 

Parciciparán todos os alumnos/as do centro, con diferentes probas deportivas e coa realización dun concurso de carteis conmemorativos de esta celebración.

 

As finais realizaranse durante a última semana de curso, esperando que sexa a primeira de moitas edicións.

 

“Máis rápido, máis alto, máis forte"

Distribuir contido


by Dr. Radut