Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/2019

 

Ven de convocarse a orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, secundaria e educación especial (DOG 21 de maio 2018)

DESTINATARIOS DAS AXUDAS:

1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º,2º,3º, e 4º da ESO.

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros de texto.

 

- Alumnado en situación de  garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis (6) libros con independencia da renda.

 

2.-AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria (curso 2018-2019)

- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €

- Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €

3.-AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Todo o alumnado de primaria (curso 2018-2019)

 

Todo o alumnado matriculado en Educación primaria. (curso 2017-2018), con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 50 €

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 22 de maio ao 22 de xuño de 2018 incluídos

Modelo solicitude

Orde 9 maio 2018



blog | by Dr. Radut