Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Maio 21, 2024 »
Mar

a) NORMATIVA LEGAL:

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)ACCEDE PREMENDO AQUÍ

 

b) DESTINATARIOS

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e EE.

 

c) FORMA DE PRESENTACIÓN

  • PRESENTACIÓN PRESENCIAL

- Para facilitar a xestión deste procedemento, dende o centro educativo farémosvos chegar unha copia de cada anexo a cubrir.
- Cumplimenta: Anexo I e Anexo II.

SEGUE O TITORIAL PARA CUBRILO DE FORMA CORRECTA.

- Para a entregar os anexos e a documentación complementaria, podedes envialos polo alumnado e o propio titor/a recollerá a documentación para entregar en secretaría.

  •  PRESENTACIÓN  ELECTRÓNICA.  Enlace

        

d) DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e /ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.    
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

 

NOTA: Lembrade que a persona que presenta e asina a solicitude é a mesma que ten que recoller os vales.

Titorial_Solicitude_Fondo_libros_e_axudas_material_escolar de María

 

e) DATAS DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES E RECOLLIDA DE VALES:

  • Listaxes provisionais: 24/06/2024.
  • Prazo de reclamacións: os dous días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
  • Listaxes definitivas: 28/06/2024 
  • Recollida de vales: 3 e 4 de xullo de 2024.
Distribuir contido


by Dr. Radut