Visita de Estefania Padullés

O pasado 20 de decembro de 2021 recibimos a visita de Estefanía Padullés, unha veciña moi especial que nos ensinou moitas cousas de como é o traballo de ser escritora, e incluso nos iniciou na escrita de un libro.

Ademais, compartiu con nós as súas dotes para o debuxo e deixounos varias obras de arte no colexio.

Tedes a continuación unha selección de imaxes.

https://drive.google.com/drive/folders/1zZgCQPu3y1sCErEY63hFoWjUK71hk_4l?usp=sharing

Samaín-Magosto

O pasado 29 de outubro celebramos no CEIP de Currelos o SAMAÍN e o MAGOSTO. Un día diferente onde mesturamos a exposición de cabazas terroríficas con xogos tradicionais galegos e por suposto un gran xantar no que as castañas non faltaron.

IMPORTANTE-EMISIÓN PROGRAMA RADIO AS NOGAIS

O domingo 2 de xaneiro de 2022 ás 12 da mañá volverase emitir en radio As Nogais o programa PONTE NAS ONDAS (107 Mhz da radio en FM). Se non recibides o sinal podedes escoitalo por internet en directo: https://nogais107fm.radio12345.com/ 

Onde estamos

Este CEIP está ubicado en Currelos, cabeceira da zona norte do concello de O Saviñao.

Este concello está situado en plena Ribeira Sacra, dentro da comarca de Terra de Lemos, ao sur da provincia de Lugo.


 

ver en google maps

Distribuir contido