Mundial de globos - Recreos activos

Unha vez á semana e ao longo do 2º e 3º Trimestre, durante o tempo de recreo realizamos un Mundial de Globos no ximnasio.

Velaquí vos deixamos unha mostra do mesmo:

 

Letras Galegas 2022

Este venres 13 de maio celebramos as Letras Galegas 2022 dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán.

Recitamos un dos seus poemas "Caldeira" e cantamos o himno galego.

Velaquí vos deixamos unha mostra:

 

O Wushu

Ao longo do segundo trimestre estivemos practicando en Educación Física o Wushu, unha arte marcial de China. Esta era descoñecida para eles/as pero tivo gran acollida.

Velaquí vos deixamos unha mostra deste deporte. Esperamos que vos guste!

 

Día do libro - 23 de abril 2022 - CEIP de Currelos

O pasado 25 de abril celebramos o Día do Libro onde os nenos e nenas de Primaria realizaron diversas lecturas ao alumnado de Infantil.

Velaquí vos deixamos unha mostra...

 

 

 

Emisión Programa de Radio 2º Trimestre - Radio As Nogais

PONTE NAS ONDAS
 
Lembrade que o Programa de radio PONTE NAS ONDAS feito por nenas e nenos dos colexios de Currelos (O Saviñao), Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro

Entroido 2022

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo do que foi o entroido no noso colexio. Esperamos que vos guste.

 

Matrícula para o curso 2022/2023

Ábrese o plazo do día 20 ao 30 de xuño para a formalización da matrícula para o vindeiro curso en Educación Infantil e Educación Primaria.

Calendario escolar CEIP de Currelos 2022-23

Día da paz escolar e non violencia.

O pasado día 31 de xaneiro celebrouse o día da paz escolar e da non violencia. Como non podía ser doutra maneira fixemos un pequeno programa de radio sobre o tema, deste xeito aproveitamos para que se informen sobre esta festividade, busquen información, preparen a súa intervención e ademais practiquen as súas dotes de presentadores de radio.

Tedes o fragmento como documento adxunto.

 

Participación no provincial de campo a través de Vilalba.

Ola a todos!

Aquí tedes un pequeno vídeo que resume a nosa participación no encontro de campo a través que se celebrou o pasado sábado 12 de febreiro de 2022. 

Foi unha mañá de deporte e convivencia con outros centros da provincia de Lugo.

Esperamos poder repetilo moitas veces máis e así promover o deporte e a vida saudable entre os nenos e nenas.

Agardamos que vos guste.

 

Distribuir contido