Escolares

PROGRAMA COMPLETO DE RADIO 1º TRIMESTRE

Para todos/as aqueles/as que non puidestes seguir en directo ningunha das dúas emisións do día 24 de decembro, deixámosvos un enlace para que o poidades escoitar:

https://go.ivoox.com/sq/2347681 

PROGRAMA DE RADIO 1º TRIMESTRE

Este domingo día 24 emitimos o programa Ponte Nas Ondas:
 
Ás doce da mañá en Radio As Nogais, 107 MHz e

Saída a Lalín 04-12-2023

O luns 4 de decembro realizamos unha saída a Lalín para visitar o museo etnográfico "A Casa do Patrón" e percorrer en tren turístico e a pé as "Aldeas de Nadal".

A pesares de ser unha xornada chuviosa, trouxemos novas aprendizaxes e experiencias.

 

Deixámosvos un resumo en imaxes deste día:

 

 

TERCEIRAS FICHAXES PARA O CURSO 2023-24!

Comezou o verán e temos boas novas. Jano (adestrador da Selección Galega de Fútbol Gaélico) e Adriano (xogador do Estrela Vermelha e da Selección Galega), teñen unha mensaxe gaélica para vós.

 

FAMILIAS + PROFES= SORPRESA!

Un bo inicio da última semana do curso 2022-23 podería ser este. O luns 19 de xuño collemos o autobús con destino a Escairón. Todos e todas eramos coñecedores da sorpresa menos os e as protagonistas, os nenos e nenas. SORPRESAS así non pasan todos os días! E si, non deixaron pasar esta oportunidade.

 

Este é o noso resumo:

 

Iago Castro visita o noso cole!

O mércores 14 de xuño veu a visitarnos ao cole Iago Castro, un adestrador de baloncesto con moito futuro por diante. Quedádevos co seu nome!

Un placer que estivera connosco gran parte do día pois con el aprendemos, practicamos, xogamos e divertímonos. GRACIAS IAGO!

Con esta visita, anunciamos a segunda fichaxe para o curso 2023-24. CURRELOS ESTÁ MOI VIVO!

 

Aquí vos deixamos un resumo deste día:

 

Charla con Javi Vega!

O luns 12 de xuño tivemos unha charla por videoconferencia con Javi Vega, xogador do Basquet Coruña da Liga Leb Ouro. Coñece moi ben o baloncesto e que mellor que un xogador profesional para aprender máis sobre este deporte. 

GRACIAS POR ESTAR CON NÓS JAVI!

"O prometido é deuda", aquí vos deixamos un resumo do aquí vivido. Estade atent@s porque temos unha EXCLUSIVA!

 

De Currelos a Sober!

O pasado mércores 7 de xuño realizamos unha viaxe para coñecer un dos paraísos da Galicia interior: a Ribeira Sacra. Comezamos en Doade, onde collemos un tren turístico que nos levou durante 1h e media por paisaxes de vide espectaculares, para logo rematar na Bodega Cruceiro (entre outras cousas, aprendemos como se pon o etiquetado dunha botella de viño).

Letras Galegas 2.023 - Francisco Fernández del Riego

O pasado xoves 18 de maio celebramos no colexio o día das Letras Galegas 2.023, este ano dedicadas a Francisco Fernández del Riego. 

Investigamos a súa vida, obras e súa contribución á nosa lingua. E...por suposto, que é da nosa lingua sen as palabras? Aquí vos deixamos unha mostra...

 

Os primeiros auxilios no CEIP de Currelos

Os nenos e nenas do CEIP de Currelos compartimos con vós como son e como se realizan as actuacións básicas nunha situación de emerxencia: os primeiros auxilios. Por medio deste vídeo pretendemos concienciar do seu coñecemento e importancia. 

Momentos únicos, divertidos, con moitas tomas falsas...un proceso imprescindible que está detrás do que aquí vos amosamos.

Esperamos que vos guste!

 

Distribuir contido