BO NADAL E FELICES FESTAS!

PROGRAMA DE RADIO 1º TRIMESTRE

Este domingo día 24 emitimos o programa Ponte Nas Ondas:
 
Ás doce da mañá en Radio As Nogais, 107 MHz e

Saída a Lalín 04-12-2023

O luns 4 de decembro realizamos unha saída a Lalín para visitar o museo etnográfico "A Casa do Patrón" e percorrer en tren turístico e a pé as "Aldeas de Nadal".

A pesares de ser unha xornada chuviosa, trouxemos novas aprendizaxes e experiencias.

 

Deixámosvos un resumo en imaxes deste día:

 

 

Samaín - Magosto 2023

O pasado martes 31 de outubro celebramos no colexio o Samaín. Para este día o alumnado trouxo cabazas, casas do terror e veu disfrazado. Prepararon ademais un taco terrorífico e degustaron as castañas polo magosto.

 

Aquí vos deixamos un vídeo resumo do que foi a nosa xornada.

 

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR FORMAR PARTE.

 

Radio escolar

Escoitade con nós o programa escolar feito cos rapaces e as rapazas dos colexios de Baralla, Cervantes, Friol e Pedrafita do Cebreiro. Vaivos encantar!

Pno nº10 do 2 de xullo de 2023

https://go.ivoox.com/rf/111639810

 

Solicitude de comedor

Veñen de publicar a instrucción de comedor para o próximo curso 2023-24. Ao igual que o curso 22-23, as prazas de comedor son moi superiores ás da matrícula, polo que non haberá problema para dispoñer do comedor dende inicio de curso. 

TERCEIRAS FICHAXES PARA O CURSO 2023-24!

Comezou o verán e temos boas novas. Jano (adestrador da Selección Galega de Fútbol Gaélico) e Adriano (xogador do Estrela Vermelha e da Selección Galega), teñen unha mensaxe gaélica para vós.

 

INICIAMOS O VERÁN 2023!

O mércores 21 de xuño foi o último día de colexio do curso 2022-23. Que ben o pasamos hoxe, acabamos mollados/as pero cheos de felicidade!

DESEXÁMOSVOS UN BO VERÁN! XA SABEDES, ACUMULADE EXPERIENCIAS E EN SETEMBRO... VOLVÉMONOS XUNTAR FAMILIA! PARA O CURSO 2023-24 SOMOS MÁIS!

 

AUGA VAI....

 

FAMILIAS + PROFES= SORPRESA!

Un bo inicio da última semana do curso 2022-23 podería ser este. O luns 19 de xuño collemos o autobús con destino a Escairón. Todos e todas eramos coñecedores da sorpresa menos os e as protagonistas, os nenos e nenas. SORPRESAS así non pasan todos os días! E si, non deixaron pasar esta oportunidade.

 

Este é o noso resumo:

 

Distribuir contido