Iago Castro visita o noso cole!

O mércores 14 de xuño veu a visitarnos ao cole Iago Castro, un adestrador de baloncesto con moito futuro por diante. Quedádevos co seu nome!

Un placer que estivera connosco gran parte do día pois con el aprendemos, practicamos, xogamos e divertímonos. GRACIAS IAGO!

Con esta visita, anunciamos a segunda fichaxe para o curso 2023-24. CURRELOS ESTÁ MOI VIVO!

 

Aquí vos deixamos un resumo deste día:

 

Charla con Javi Vega!

O luns 12 de xuño tivemos unha charla por videoconferencia con Javi Vega, xogador do Basquet Coruña da Liga Leb Ouro. Coñece moi ben o baloncesto e que mellor que un xogador profesional para aprender máis sobre este deporte. 

GRACIAS POR ESTAR CON NÓS JAVI!

"O prometido é deuda", aquí vos deixamos un resumo do aquí vivido. Estade atent@s porque temos unha EXCLUSIVA!

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Convocatoria de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso escolar 2023/2024.

Matrícula curso 2022/2023

Aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar desde o día 20 ata o 30 de xuño  en Educación Infantil e Educación Primaria.

De Currelos a Sober!

O pasado mércores 7 de xuño realizamos unha viaxe para coñecer un dos paraísos da Galicia interior: a Ribeira Sacra. Comezamos en Doade, onde collemos un tren turístico que nos levou durante 1h e media por paisaxes de vide espectaculares, para logo rematar na Bodega Cruceiro (entre outras cousas, aprendemos como se pon o etiquetado dunha botella de viño).

Turismo na Coruña

O martes 23 de maio realizamos unha longa viaxe ata A Coruña. Un día longo pero ben aproveitado, con sorpresas, experiencias...viaxar é xenial!

Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae, a Torre de Hércules...e ata Javi Vega!

Este día seguro que non se nos esquece!

 

Letras Galegas 2.023 - Francisco Fernández del Riego

O pasado xoves 18 de maio celebramos no colexio o día das Letras Galegas 2.023, este ano dedicadas a Francisco Fernández del Riego. 

Investigamos a súa vida, obras e súa contribución á nosa lingua. E...por suposto, que é da nosa lingua sen as palabras? Aquí vos deixamos unha mostra...

 

A nosa familia

O pasado 15 de maio celebrouse o día da familia, e nós quixemos homenaxear ás nosas coa representación dos seus membros. Para elo, xuntamos pedras, pintámolas, modelamos con arxila e ata empregamos paus para que nos quedara moi chulo. Aquí tedes o resultado dos nosos traballos que con tanto agarimo fixemos.

Día do libro no cole!

Como non podía ser doutro xeito, desde o noso cole celebramos o día do libro cunhas actividades que nos encantaron facer. Escollemos uns contos que nos gustaron moito e representámolos en caixas de zapatos con diferentes materiais como plastilina, rolos de papel hixiénico ou la. Asemade, na clase de infantil traballaron o conto da oruga glotona, e todos xuntos, debuxamos o libro que máis nos gusta nun mural no pasillo. Mirade o bonito que nos quedou todo!

Os primeiros auxilios no CEIP de Currelos

Os nenos e nenas do CEIP de Currelos compartimos con vós como son e como se realizan as actuacións básicas nunha situación de emerxencia: os primeiros auxilios. Por medio deste vídeo pretendemos concienciar do seu coñecemento e importancia. 

Momentos únicos, divertidos, con moitas tomas falsas...un proceso imprescindible que está detrás do que aquí vos amosamos.

Esperamos que vos guste!

 

Distribuir contido