Blogue de admin

HORARIO ALUMNADO

Horario curso escolar 2024/2025

Entroido 2022

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo do que foi o entroido no noso colexio. Esperamos que vos guste.

 

Día da paz escolar e non violencia.

O pasado día 31 de xaneiro celebrouse o día da paz escolar e da non violencia. Como non podía ser doutra maneira fixemos un pequeno programa de radio sobre o tema, deste xeito aproveitamos para que se informen sobre esta festividade, busquen información, preparen a súa intervención e ademais practiquen as súas dotes de presentadores de radio.

Tedes o fragmento como documento adxunto.

 

Participación no provincial de campo a través de Vilalba.

Ola a todos!

Aquí tedes un pequeno vídeo que resume a nosa participación no encontro de campo a través que se celebrou o pasado sábado 12 de febreiro de 2022. 

Foi unha mañá de deporte e convivencia con outros centros da provincia de Lugo.

Esperamos poder repetilo moitas veces máis e así promover o deporte e a vida saudable entre os nenos e nenas.

Agardamos que vos guste.

 

Visita de Estefania Padullés

O pasado 20 de decembro de 2021 recibimos a visita de Estefanía Padullés, unha veciña moi especial que nos ensinou moitas cousas de como é o traballo de ser escritora, e incluso nos iniciou na escrita de un libro.

Ademais, compartiu con nós as súas dotes para o debuxo e deixounos varias obras de arte no colexio.

Tedes a continuación unha selección de imaxes.

https://drive.google.com/drive/folders/1zZgCQPu3y1sCErEY63hFoWjUK71hk_4l?usp=sharing

Distribuir contido