PROGRAMA DE RADIO INTEGRO - 2° Trimestre

Para aqueles/as que non puidestes escoitar o Programa de Radio do Segundo Trimestre o domingo 14 de Abril, podedes facelo a través do enlace que se comparte a continuación (os nenos/as de Currelos saen a partir do minuto 16:30).

https://go.ivoox.com/sq/2410548 

PROGRAMA DE RADIO 2º TRIMESTRE - DOMINGO 14 DE ABRIL

Este domingo día 14 de abril emitimos o programa Ponte Nas Ondas:
 

Obradoiro + formación en robótica impartido por José Pino

O martes 2 de abril visitou o noso centro o mestre do IES a Pinguela de Monforte de Lemos José Pino, un experto en robótica. Desenvolveu un obradoiro para os máis cativos e tamén realizou unha formación para o profesorado sobre a programación dos mesmos.

Moitas grazas José por compartir un ratiño do teu tempo connosco. Un pracer aprender de ti!

 

Gran día en Santiago de Compostela!

O pasado xoves 21 de marzo viaxamos ata Santiago de Compostela para realizar o último tramo do camiño a Compostela: Monte do Gozo-Santiago. Tivemos tempo para ver o Parque da Alameda, percorrer as rúas do casco histórico e, por suposto, chegar á praza do Obradoiro pola que pasan tantos peregrinos/as. 

Na última parte da xornada, estivemos nos labirintos do parque de Belvís e recibimos a visita de Adriano, un gran coñecedor e amante do Fútbol Gaélico.

Deixámosvos un vídeo resumo deste gran día:

 

SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN (MATRÍCULA CURSO 2024-25)

Dende o 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para realizar a solicitude de praza para o curso 2024-25 (ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN).

 

Presentar unha única solicitude (ANEXO IID550B) de admisión no centro elixido como primeiro lugarde preferencia, que virá asinada polos dous proxenitores (agás nos casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade).

 

DOCUMENTACIÓN:

Visita de David, o noso veterinario de confianza

O xoves 22 de febreiro veu visitarnos ao centro David, un rapaz que traballa de veterinario e no seu tempo libre fai teatro.

Tivemos unha charla de aproximadamente 1 hora e media onde lle realizamos moitas preguntas sobre o seu traballo e afección.

Ademais, aproveitamos para gravar na radio moitas destas preguntas para que as escoitedes en familia no programa de radio do mes de marzo.

 

 

Presentación CEIP de Currelos 2023-24. Fotos dos nosos peregrinos/as

 

 

 

 

 

 

 

Desfile de Entroido por Currelos - martes 20 de febreiro

Este martes 20 de febreiro, realizamos por Currelos o tradicional desfile de Entroido acompañados das nosas familias. Algúns dos mellores momentos deste gran día son os seguintes:

 

BO CAMIÑO PEREGRINO/A!

A familia do CEIP de Currelos deséxavos un bo ENTROIDO! Pasádeo moi ben, vémonos a volta!

PROGRAMA COMPLETO DE RADIO 1º TRIMESTRE

Para todos/as aqueles/as que non puidestes seguir en directo ningunha das dúas emisións do día 24 de decembro, deixámosvos un enlace para que o poidades escoitar:

https://go.ivoox.com/sq/2347681 

Distribuir contido