APROXIMACIÓN Á EDUCACIÓN VIAL: DESPRAZÁMONOS EN BICICLETA.
A Policía Local, conxuntamente co concello da Coruña e o servizo Bicicoruña, organizou este curso un programa de educación vial que busca mellorar a seguridade dos escolares neste ámbito, transmitindo valores e actitudes de conducta cívicas. Do mesmo xeito, preténdese potenciar o emprego da bicicleta como medio de desprazamento habitual, mesmo para os traslados ao colexio nos cursos superiores.
No noso colexio estamos moi concienciados co deterioro medioambiental, atopando neste medio de transporte un recurso moi útil. Con todo, non podemos obviar os inconvenientes que conleva, sendo imprescindible que dende idades ben temperás se incida e traballe na prevención de accidentes sensibilizando ao alumnado cara unha educación viaria responsable.
Calqueira actividade con bicicletas de por medio é de por si moi atractiva para o alumnado así que todos se mostraron moi dispostos a colaborar. Este programa levouse a cabo en tres fases diferentes:
- Inicialmente e para constatar que era viable levala a cabo, os nenos e nenas de 5º e 6º trouxeron ao centro as súas bicicletas. Mediante un circuíto e distintas actividades, puxeron a proba as súas habilidades e demostraron que, aínda que todavía temos que mellorar, son amplamente capaces. A motivación e o interese que mostraron foi enorme.
- O luns 9 de maio realizáronse no colexio dous talleres. Mentres un grupo aprendía normas básicas de circulación e sinalización nos desprazamentos cunha charla dada pola policía local, no outro un responsable de Bicicoruña explicaba aspectos básicos de mecánica e manexo de bicicleta: Regulación do sillín, funcionamento de cambios e utilización de frenos, sustitución de cámara, axustes varios, etc. Incluso os organizaron en parellas e cronometraron o tempo que tardaban en sustituír unha cuberta cuns resultados sorprendentes e unha incrible facilidade. Noraboa!
- E finalmente o día tan agardado: a ruta ciclista. O mércores 18 de maio foi o día escollido. A mañá apareceu chuviosa e pouco agradable pero finalmente a chuvia dou un respiro e facilitou a saída. Para garanter a seguridade dos nenos e nenas, acudiron ao centro 3 compoñentes da policía local, xunto con persoal responsable do programa Mobi-Liza e a furgoneta de Bicicoruña, que facilitou as bicicletas para o alumnado que non dispoñía da súa propia. Antes da saída comprobamos que todas as bicicletas estaban en condicións óptimas para poder saír e, seguidamente, déronnos unhas indicacións para circular axeitadamente incidindo na importancia de respectar a distancia de seguridade co compañeiro de diante. Iniciamos o percorrido na rúa do Ferrocarril e circulamos en grupo ata chegar ao centro de Bombeiros, onde nos ofreceron avituallamento e nos explicaron o funcionamento do parque e dalgúns dos elementos que se empregan nunha emerxencia, coma as grúas e mangueiras. Finalmente, volvemos ao colexio contentos aínda que cansos e desexando repetir a experiencia en cursos vindeiros.
Vémonos na próxima!