Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

DEPORTE ESCOLAR CURSO 2012-2013

Este venres, 7 de xuño, as nenas e nenos do cole, na compañía dos mestres de Educación Física e das titoras, acudimos á entrega de medallas do Deporte Escolar. Tivo lugar no Pavillón de Tenorio.

Foi unha mañá chea de emocións e sorrisos, na que todos nos sentimos campións e campioas. Aquí vos deixamos unhas cantas fotos, testemuñas de que o deporte é unha actividade que nos encanta.Guiño


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2013/2014

 No DOG do 31 de maio de 2013 (Orde do 30 de maio de 2013) sairon convocadas as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso 2013/2014.

Máis información nas seguintes ligazóns:

- DOG do 30 de maio de 2013 (Orde do 30 de maio de 2013)

- Solicitude (Anexo I)

- Enlace páxina web da Consellería

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DEPORTE ESCOLAR 2013

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DOS NOSOS ALUMNOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Os nenos e nenas do CEIP Manuel Cordo Boullosa, do CEIP A Reigosa  e do IES de Ponte Caldelas exporán algúns dos seus traballos na Biblioteca Municipal do Concello de Ponte Caldelas a partir do próximo día 23 de Abril, dentro das actividades a realizar o día do libro. Convidamos a todos a visitala.

Para nós é moi importante dar a coñecer os traballos feitos polo noso alumnado. Reivindicamos aos novos lectores e escritores e agradecemos a colaboración do  Concello de Ponte Caldelas e interés amosado pola nosa inicitiva. Grazas Ana.  

 

 

 A frase de Concepción Arenal "Abrid escuelas y se cerrarán cárceles" podémola modificar un pouco e dicir: "Abride Bibliotecas e  pecharanse cárceres". Xa que a actual Casa da Cultura do Concello foi no seu tempo cárcere, cuartel da Garda Civil e Xulgado.

PARTICIPACIÓN NO PROXECTO E-LBE

O FARO DE VIGO deste domingo recolle a participación no noso colexio no proxecto E-LBE. Para  consultar a nova na edición dixital clica na foto.

PRAZAS VACANTES PARA ESCOLARIZACIÓN NO CEIP. M. CORDO BOULLOSA

 

As prazas vacantes ofertadas polo noso centro para o curso 2013-14 son as seguintes:

 

O PRAZO DE MATRÍCULA COMEZA O 5 DE ABRIL

O prazo de matrícula para o alumnado novo, comeza o día 5 de abril e remata o día 17.

É importante que a solicitude se presente no centro en dito prazo, despois do 17 de abril todas as solicitudes deberán presentarse no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.

A nova orde de admisión de admisión de alumnado pódese consultar no arquivo seguinte:


SEMANA DA PRENSA

 

Este ano celebramos a semana da prensa con dúas actividades: Unha exposición sobre todo o que podemos facer cun xornal despois de lelo e un coloquio cun grupo de xornalistas de diferentes medios.
No primeiro dos casos o resultado foi impresionante polo traballo e creatividade. Agradecer ás familias polo interese amosado e a resposta a esta actividade. Aqui podedes ver algúns:

 

TODO O QUE PODEMOS FACER CUN XORNAL DESPOIS DE LELO on PhotoPeach



Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro