Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Bos días, informamos de que todo o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario establecido (do 1 ao 20 de marzo), está admitido. A listaxe do alumnado está publicada no centro.

Antes do 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas.

Un saúdo.

VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-25

4º Educación Infantil 2   Grupos   40 vacantes  (6 NEE)

5º Educación Infantil 1   Grupo     6 vacante

6º Educación Infantil 1   Grupo   0 vacantes

 

1º Educación primaria 2   Grupos   6 vacantes  (6 NEE)

2º Educación primaria 2   Grupos   0 vacantes

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 24/25

O prazo para a entrega das solicitudes será dende o 1 ao 20 de marzo.

Nos arquivos adxuntos podedes descargar a instancia (en galego ou en castelán) e o Anexo II-bis, tamén podedes pasar pola secretaría do cole a recollelos.

Pódese entregar no centro ou facelo a través da sede electrónica (coa chave 365 ou con certificado dixital).

Xunto coa instancia será necesario entregar fotocopia do libro de familia (ou fotocopia do DNI do alumn@ e dos proxenitores) e de ser o caso a resolución xudicial de separación ou divorcio. No caso de alumnado que solicita praza nun curso que non sexa 4º E.I, deberá presentar tamén a certificación de matrícula do centro actual.

A listaxe provisional publicarase antes do 25 de abril, a continuación haberá 5 días hábiles para reclamacións e antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

UN COLE COAS PORTAS ABERTAS

UN COLE COAS PORTAS ABERTAS

INFORMACIÓN RESERVA PRAZA IES PONTE CALDELAS

Bos días:

Infórmannos dende a secretaría do IES de Ponte Caldelas de que todas as solicitudes de reserva de praza no IES de Ponte Caldelas para o curso 24_25 presentadas no Cordo Boullosa foron admitidas.

A listaxe completa de alumnado admitido está publicada no taboleiro de anuncios do IES.

Un saúdo.

PROCESO RESERVA PRAZA IES

Boas tardes familias, lembramos tamén por este medio, de que o vindeiro luns día 5 de febreiro remata o prazo para a reserva de prazas para o IES para o alumnado de 6º que cambirá de etapa no curso 24/25.

As instancias (que tedes anexas nesta publicación) entregaranse no cole impresas e cubertas, tamén se poderá tramitar por sede electrónica. Para calquera dúbida podedes pasar ou chamar pola secretaría.

 

Un saúdo

COMEDOR ESCOLAR

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-24

 

Estimadas familias:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2023-24.

Segundo a instrución 3/2023, da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 23-24, o uso do comedor suporá o aboamento de certas tarifas, estas establécense en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:

0 € (gratuíto)renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

1 € por día renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

FONDO LIBROS

Bos días familias, informamos de que xa temos publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADDQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, podedes chamar ou pasar polo centro para comprobar a listaxe.

A listaxe definitiva será publicada o xoves día 6.

Un saúdo.

 

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro