Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

REVISTA TROITA XLII

XA TEMOS AQUÍ UN NOVO NÚMERO DA NOSA REVISTA.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

COMO CADA ANO INTENTAMOS QUE SEXA UN BREVE RESUMO DA GRAN CANTIDADE DE COUSIÑAS QUE FIXEMOS AO LONGO DO CURSO.

SAÚDOS E BO VERÁN!!

 

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2023-2024

Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

 

 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio, xunto coa documentación que se pida (copia dos DNI, certificado de discapacidad, documentación bancaria...).

Tendes de prazo para presentar á solicitude ata o 20/09/2023

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Bos días!!

Informamos de que xa está publicada a CONVOCATORIA do fondo solidario de libros de texto para solicitar as axudas para adquirir os libros de texto e material escolar (Orde de 10 de maio, DOG venres 19 de maio de 2023).

O prazo de presentación de solicitudes remata o DÍA 21 DE XUÑO. As solicitudes fóra de prazo perderán o dereito de participar neste programa.

DOCUMENTACIÓN:

    Solicitude (pódese descargar no arquivo adxunto).

         Anexo II (xa incluído na propia solicitude)

         FOTOCOPIA do libro de familia onde figure a alumna ou alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

         De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio onde conste a custodia do menor.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Bos días, informamos de que todo o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario establecido, está admitido. A listaxe do alumnado está publicada no centro.

O 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas.

Un saúdo.

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO

VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-24

4º Educación Infantil       2 Grupos             50 vacantes  (6 NEE)

5º Educación Infantil       1 Grupo                1 vacante

6º Educación Infantil       2 Grupos             20 vacantes

 

1º Educación primaria       2 Grupos            25 vacantes  (6 NEE)

2º Educación primaria       2 Grupos            17 vacantes

3º Educación primaria       1 Grupo               2 vacantes

4º Educación primaria       2 Grupos            22 vacantes

5º Educación primaria       2 Grupos            20 vacantes

6º Educación primaria       2 Grupos            19 vacantes

ABERTO O PROCESO DE ADMISION PARA O CURSO 2023-24

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 co seguinte calendario:

Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria. A solicitude poderá facerse telematicamente a través da aplicación admisionalumnado ou descargando o formulario (ficheiro adxunto) e facendo entrega do mesmo na sacretaría do centro.

25 de abril de 2023: publicación provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións.

ABERTO PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA O IES

Bos días familias, informámosvos tamén por este medio, de que xa está aberto o prazo para a reserva de prazas para o IES para o alumnado de 6º que cambirá de etapa no curso 23/24.

Xa están enviadas as solicitudes, é preciso que as traiades de volta cubertas e asinadas nos vindeiros días.

Para calquera dúbida podedes pasar pola secretaría do centro.

 

Un saúdo

SOLICITUDES PRAZAS COMEDOR ESCOLAR 2022-23

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022-23

Estimados pais e nais:

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro