Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Orientación

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2021-2022

 

O plazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1554

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 30 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)

 

En calqueira caso se tedes calqueira dubida podedes acudir ao Departamento de Orientación do cole a partir do día 1 de setembro, onde tentaremos axudarvos no que sexa posible

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2020-2021

O plazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 30 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)

 

 

 

En calqueira caso se tedes calqueira dubida podedes acudir ao Departamento de Orientación do cole a partir do día 1 de setembro, onde tentaremos axudarvos no que sexa posible

Guía para o acompañamento emocional na casa

A guía que presenta Lorena Conde Vázquez , dende a web aulasgalegas.org, pretende ser unha axuda sobre a maneira de abordar as emocións durante o período de confinamento.  O obxectivo principal é que a rapazada sexa xeradora do seu propio benestar, apoiados/as nela e sempre que así o queiran e precisen, durante o tempo de confinamento e incluso alén deste.

Podedes descargala dende o arquivo adxunto

 

Actividades Valores 6ºB

Ola!

A tarefa para as próximas 2 semanas é a seguinte: quero que repasedes todalás fichas que fixemos ata agora, e que contestedes as preguntas que aparecen na ficha seguinte:

Tedes de tempo ata o día 4 de maio. Cando a rematedes, sacadelle unha foto a libreta e enviadema a este correo. 

Ánimo, que xa queda menos!

noemiseijas@edu.xunta.es

Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento por coronavirus

Aquí os deixo unhas pautas para sobrellevar esta situación que elaborou o SERGAS coa colaboración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

Pautas de Afrontamento Para Reducir o Impacto Psicoloxico by snrdr on Scribd

As persoas con Autismo/TEA/Asperger poden facer saídas terapeúticas

As persoas con discapacidade, que teñan alteracións conducturais, como por exemplo, persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, ás cales se lles puidese agravar a súa situación polo confinamento derivado da declaración do estado de alarma , poden circular polas vías de uso público na compañía doutra persoa.

REQUISITOS:

O acompañante debe levar durante ditas saídas Informe dun facultativo onde se recolla a necesidadede realizar ditos paseos.

Para a obtención do devandito informa solicitarase unha cita telemática na web do Servizo Galego de Saúde (www.ser​gas.es​) co seu/súa médico/a de cabeceira . Será accesible a través da páxina É-Saúde (https://esaude.sergas.es/EPACI_epaciente/#/home) ou ben remitirase por correo certificado ao enderezo familiar.

RECOMENDACIÓNS:

É recomendable levar tamén o certificado de discapacidade ou prescrición sanitaria ou social.

E RECORDE:

Actividades Valores 6º B

Ola!

Tendo en conta os tempos que estamos a vivir, quero que esta semana leades os textos que aparecen na ficha que tedes mais abaixo para descargar. Unha vez que os leades, o traballo é que escribades exemplos de actos solidarios que se estan a facer nesta situación excepcional que estamos a vivir, e tamén que podemos facer todos nos para axudar a superar esta crise do coronavirus. Como sempre, tedes toda a semana para facelo. Ánimo e coidaros moito. Se tedes algunha dúbida podedes mandarme un e-mail a esta dirección: noemiseijas@edu.xunta.es

 

Coronavirus en pictos

Esta é unha situación excepcional, e para algúns alumnos podelles custar entendela. Para axudarlles, o Centro Aragonés para la Comunicación Aumentativa y Alternativa pon a disposición de todo o mundo na súa aula aberta, explicacións con pictogramas acerca desta enfermidade, e da necesidade de quedar na casa entre outras cousas. 

Aquí vai o link:

http://aulaabierta.arasaac.org/materiales-caa-coronavirus

 

Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto con nosco neste e-mail:

noemiseijas@edu.xunta.es

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro