Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2014/15

O prazo para que as familias presenten a solicitude de admisión de alumnado para o curso 2014/15 abranguerá dende o 1 ao 20 de marzo.

Adxuntamos a seguinte documentación:

  • Previsión de vacantes co CEIP MAnuel Cordo Boullosa para o curso 2014/15.
  • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.
  • Solicitude de admisión ANEXO II.

 

TRIPTICO INFORMATIVO EN TORNO Á BIBLIOTECA

Enviamos a todas as familias un tríptico con diferente información acerca das actividades que levamos a cabo dende a biblioteca, así como relacionadas ca búsqueda de documentos. Aqui podedes consultalo.

O ALUMNADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA CREA UN COMIC.

MATERIAL PARA 5º A CURSO 2013-2014

MATERIAL

DE

3º CICLO DE PRIMARIA 5ºA CURSO

TROITA 2012 / 13

Unha boa forma de comezar o curso pode ser lembrar todo o traballo feito no ano pasado. Podedes facelo lendo a nosa revista TROITA.

COMEZAMOS O NOVO CURSO 2013-2014

O vindeiro mércores, 11 de setembro comezaremos o novo curso escolar 2013-2014.

O horario será o habitual: de 9.00 a 14.00.


BENVIDAS E BENVIDOS !!!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-2014

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-2014

DEPORTE ESCOLAR CURSO 2012-2013

Este venres, 7 de xuño, as nenas e nenos do cole, na compañía dos mestres de Educación Física e das titoras, acudimos á entrega de medallas do Deporte Escolar. Tivo lugar no Pavillón de Tenorio.

Foi unha mañá chea de emocións e sorrisos, na que todos nos sentimos campións e campioas. Aquí vos deixamos unhas cantas fotos, testemuñas de que o deporte é unha actividade que nos encanta.Guiño


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2013/2014

 No DOG do 31 de maio de 2013 (Orde do 30 de maio de 2013) sairon convocadas as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso 2013/2014.

Máis información nas seguintes ligazóns:

- DOG do 30 de maio de 2013 (Orde do 30 de maio de 2013)

- Solicitude (Anexo I)

- Enlace páxina web da Consellería

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro