Pograma Educa Saúde

 

PROGRAMA EDUCA SAÚDE

 

martes 14 de outubro comezará a impartirse no noso centro, e durante o primeiro trimestre do curso, o  Programa Educa Saúde, promovido polo Concello e pola Fundación María José Jove. Este programa aborda a saúde escolar dunha forma integral, está pensado e organizado para que escolares dende os 3 aos 12 anos, adquiran por medio da práctica e do xogo, hábitos de vida saudable dende a infancia. 

A través de charlas e actividades dirixidas aos nenos en horario escolar e aos seus familiares en horario de tarde, impártense cunha metodoloxía activa, participativa e lúdica, contidos relacionados coa saúde no seu sentido máis amplo: físico, psíquico e social. O equipo encargado de impartilo está formado por profesionais sanitarios: enfermeiras, pediatras, psicólogas, educadores sociais e matrona.

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria recibirán 4 sesións. O resto dos niveis, 3. Están distribuídas  de forma que cada grupo  teña unha sesión por semana, para interferir o menos posible no horario escolar.

Nos vindeiros días cada alumno levará a súa casa a Guía de hábitos saudables, un traballo de doada consulta, cun estilo sinxelo, didáctico e ameno que recolle o que se ensinará e practicará cos escolares e as súas familias. Esta guía, avalada pola Sociedade de Pediatría de Galicia, estrutúrase en tres grandes áreas: médica, psicoeducativa e social e foi elaborada polo equipo de profesionais que desenvolven o programa.

Calendario sesións alumnos

 

Calendario sesións pais