Skip to Content

Becas e axudas

Axudas libros e material escolar curso 2021-22

O DOG do 20 de maio publica a convocatoria anual para solicitar axudas para comprar libros de texto para 1º e 2º de EP, participar no fondo de libros solidario para 3º, 4º, 5º e 6º de EP e axudas para material escolar para primaria. Pódese presentar as solicitudes ata o 22 de xuño.

A solicitude presentárase preferentemente por vía telemática(cos chave 365 ou certificado dixital)

Presencialmente na secretaría do centro de luns a venres de 9,15 a 9,45 e martes e venres de 13,10 a 13,30. Só pode subir  a secretaría unha persoa.

Tamén pode presentarse nun rexistro oficial

Becas comedor curso 2021-22

Prazo de solicitude do 5 ao 30 de abril.

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es)

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

Becas comedor 2020-21

O Concello abre de novo o prazo para solicitar as axudar para o comedor escolar para o curso 2020-21

O prazo para presentar a solcitude é do 1 ao 12 de xuño.

 

Impreso solicitude

Anexos

Máis información llamando al 010 o pinchando  aquí

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020-21

Prazo de presentación de solicitudes do 20 de maio ao 19 de xuño.

Circular informativa

DOG 19 de maio

Anexo I

Anexo II

Debido á excepcional situación que estamos a vivir, as persoas que entreguen a solicitude presencialmente no Centro deberán solicitar cita ou ben chamando ao teléfono 881960705 ou por correo electrónico ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal para tratar de non xuntarse moitas persoas a un tempo.

Traer cuberto anexo I e anexo II debidamente cuberto e asinado e fotocopia do libro familia.

As familias dos alumnos e das alumnas que pasan á ESO deberán presentar  a súa solicitude no centro no que teñan solicitada praza para o vindeiro curso.

 

 

Aviso becas comedor

Publicado listas provisionais becas comedor.

Consultar aviso sobre información a presentar

Listaxe definitiva adxudicación fondo libros

Adxudicación fondo libros 4º  Ed. Primaria: Lista 1 Lista 2

Adxudicación fondo libros 6ºEd. Primaria:  Lista 1 Lista 2

Becas comedor curso 2019-2020

 Prazo de presentación de solicitudes do 22 de abril ao 6 de maio.

Máis información pinchando aqui

Listaxe definitiva de admitidos fondo libros coa asignación de libros

Tódolos alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria recibirán en préstamo a totalidade dos libros. Só deben adquirir o Activity book de inglés) e o caderno de traballo de de música da Ed. Galinova.

 

Adxudicación provisional de fondo libros

Publicase a listaxe provisional de adxudicación de fondo libros:

Hai un prazo de dous días para presentar reclamacións.

Posteriormente no mes de xullo publicarase a lista definitva coa adxudicación de libros.

Listaxe de exluídos

Os alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria recibirán tódolos libros de prestamo do Centro. Deberán adquirir soamente o Activity book de inglés e o cadernillo de traballo de música.

Axuda para adquisición de libros de texto e material escolar curso 2018-19

Prazo de solicitude do 22 de maio ao 22 de xuño.

Circular informativa.

DOG da convocatoria.

Anexo I e II

Para calcular la renta per capita hai que sumar o recadro 392 + o recadro 405 correspondentes o exercicio fiscal do ano 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut