try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Sección Bilingüe

ART IN CHANS

 

No CEIP de Chans  o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria están a participar no proxecto de seccións bilingües na área de plástica.  

A incorporación do alumnado de 5º  ao proxecto bilingüe do centro durante o curso 2012/13 ( o alumnado de 6º comezou  a “andaina bilingüe” no curso 2010/11),  incide moi satisfactoriamente no  acadamento das competencias lingüísticas e extralingüísticas e na mellora da calidade do ensino do alumnado do 3º ciclo de primaria.

  A  utilización da lingua  inglesa  para a adquisición dos contidos de plástica,   redunda moi positivamente  na   mellora das competencias comunicativas dos nenos e nenas do derradeiro ciclo de primaria,  na promoción de   valores interculturais  e  na tolerancia e o respecto cara  outras linguas e culturas. Asemade o apoio dun auxiliar de conversa procedente dun pais de fala inglesa, posibilita as prácticas de conversa e esperta no alumnado unha gran curiosidade e motivación pola visión fresca e real que aportan da lingua e cultura estranxeira

Os materiais que se elaboran nas aulas  podense visualizar no blogue Art in Chans


Distribuir contido