Os cursos de Educación Primaria teñen dúas sesións de Educación Física á semana . As sesións desenvólvense normalmente no pavillón que conta con todo o material preciso : espaldeiras, canastas, porterias, balons , colchonetas , aros , cordas , … e con calefacción para os días frios de inverno.
Este pavillón tamen serve de aula de usos múltiples: actividades de dinamización lectora ,conferencias de escritores e artistas, actividades teatrais e musicais , e festivais- nos que asisten as familias do alumnado .
Asemade contamos cunha pista polideportiva con porterias e canastas ; un patio cuberto e unha zona de terra para diversos xogos.
Nas clases de Ed. Física tratamos de inculcar o espiritu deportivo de respeto e cooperación con esforzo e traballo e adquirir distintos coñecementos de xogos e deportes para que elixan a actividade deportiva que máis lles guste para ocupar o tempo de lecer.
Todos os anos invitamos a profesionais do deporte a impartir algunha sesión no colexio como a Escola ciclista de Oscar Pereiro , o Clube de Balonman de Lavadores , o equipo de beisbol dos Halcones de Vigo, o AMFIV de Baloncesto en cadeira de rodas , etc.
Nos recreos tamén organizamos torneos de Badminton e facemos unha xornada recreativa de xogos hacia final de curso.
Xoga , aprende e goza co deporte !