Comeza o proceso de admisión para o próximo curso. A continuación deixamos información de carácter xeral que se irá ampliando en cada proceso:
- Reserva de praza en centros adscritos (IES Carlos Casares): Presentarase o formulario de solicitude do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro na secretaría de Chans ou telemáticamente na aplicación admisiónalumnado (con certificado dixital ou Chave 365).
- Xornadas de portas abertas: 26, 27 e 28 de febreiro. Pedirase cita previa a partir do 1 de febreiro.
- Solicitudes de admisión ordinarias: Presentarase o formulario de solicitude no centro de destino do 1 ao 20 de marzo.
MÁIS INFORMACIÓN E DESCARGA DE FORMULARIOS NA APLICACIÓN
ADMISIÓNALUMNADO