try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

NA ESCOLA DE CHANS NO MES DE DECEMBRO

Familias do cole Chans: aquí tendes as actividades máis significativas que se desenvolveron na escola de Chans durante o mes de Decembro. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Desexámosvos que a maxia do Nadal traia as vosas vidas e a nosa escola todo o que nos fai ben e moita moita ilusión.

A compañía de teatro "Migallas"presentou o seu espectáculo "Brincadeiras da lingua" para o alumnado de 1º a 4º primaria o dia 1 de decembro.

O día 2 de decembro o alumnado de 4º primaria visitou "Naturnova" para participar na actividade "Galicia e a súa contorna".

O alumnado de 5º e 6º rematou a primeira fase do programa "Te lo cuentan las matemáticas" cos encontros virtuais con relatores vencellados ao mundo das matemáticas e da ciencia.

Continúan  os venres as  actuacións dos nosos/as "artistas de Chans" na Biblioteca: alumnado de 3º (Valentina, Zoe, Aldara, Izan, Ismael, Iria, Darío) e de 6º (Aroa)  emocionáronnos  coas súas mostras de creatividade: cancións, poemas, maxia...

O Apalpador, recén chegado dos montes do O Courel, visitou a nosa escola o día 20 de decembro. Grazas familias da ANPA por facilitar esta viaxe.

O alumnado nde 3º primaria realizou unha visita ao Museo do Mar para participar na actividade "Sardiñas adxudicadas".

O día 21 de decembro,os nenos/as  de E. Infantil elaboraron  deliciosos biscoitos de iogur no comedor para agasallar as súas familias e para que este Nadal sexa aínda máis doce.

O día 22 de decembro rematamos o trimestre e o ano na escola de Chans coa Feira de Nadal´22 con diferentes postos cheos de creatividade e diversión. As doce  horas no pavillón comemos as uvas da sorte e demos a benvida ao Aninovo  con música, baile e moitas apertas cheas de bos desexos.

Con esta tarxeta colaborativa queremos agradecervos o voso compromiso coa escola e desexarvos moita saúde e felicidade.