try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

SAMAIN EN CHANS

CELEBRANDO SAMAÍN

Prezadas familias,

O día 28 de Novembro  imos a pasalo "de medo". Coincidindo coa semana de inauguración da Biblioteca, con actividades relacionadas  con esta  festividade  de orixe Celta, remataremos cunha xornada  moi especial  tal e como se detalle na seguinte carta.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Estimadas familias,

Para evitar incidentes co autobús e o comedor nestes primeiros días,  pregamos a TODAS as familias que informedes mañá por escrito ao titor ou titora de se os nenos e nenas van facer uso deses servizos. Así mesmo, deberedes indicar o uso que farán habitualmente durante o curso.

FELIZ VOLTA AO COLE!

Comezamos un novo curso con moita  ilusíón e  gañas de  seguir acompañando aos vosos fillos/as no seu proceso de "crecemento" no sentido máis amplo da palabra.

Este curso voltamos á tan desexada normalidade. Deixamos atrás as restricións sanitarias e  volven as apertas e os sorrisos, as xuntanzas, os festivais, as excursións... Seguiremos velando para que a nosa escola sexa un espazo saudable, seguro e amable.

Será sen dúbida un ano emocionante e cheo de inspiración e moitas sorpresas

Premendo na imaxe poderedes acceder  á información importante relativa aos novos aspectos organizativos.

Feliz volta á escola. Que descansedes! Mañá ás 9:00  comeza unha nova aventura!!

Grazas familias por confiar en nós.

 

AXUDAS MUNICIPAIS PARA O ALUMNADO DE E.INFANTIL

• A partir do martes 12 de xullo de 2022 e ata o 9  de agosto poderán solicitarse as axudas  municipais para Material escolar do alumnado de E.Infantil

As solicitudes deberán presentarse a través do cartafol do Concello de Vigo ou de forma presencial previa cita, no Rexistro do Concello, nos teléfonos 986 810 260, ou 010. Estes teléfonos están saturados durante as convocatorias abertas, polo que é máis recomensable realizar o trámite mediante a  cita telemática.

Para máis información preme na imaxe.

Lembren que  no caso da nosa escola, estas axudas non poderán solicitarse para o comedor escolar, ao tratarse dun comedor de xestión directa.

LIBROS TEXTO CURSO 2022-23

Podedes consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2022-23. 

.

 

PREMIO AO MELLOR PERIODICO NO CERTAME FARO DA ESCOLA"

Hoxe foi un día de celebración en Chans. Despois de sete anos participando no "Faro da Escola", o noso xornal foi recoñecido como o mellor desta edición.

O Faro da Escola para o noso cole é moito maís que un periódico, é un medio onde poder expresar e compartir as nosas experiencias, inquedanzas, opinións....

Moitas grazas ao Faro de Vigo por promover esta iniciativa tan enriquecedora e gratificante.

FOTOS DO CONCURSO ABRACACHANS

Xa podedes consultar as orixinais instantáneas que enviástedes ao "X concurso de fotografía creativa "AbracaChans". Grazas a todas as familias por participar e compartir connosco un chisco de maxia e creatividade. Preme na imaxe.

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Hoxe, 17 de maio é a festa das nosas letras e cultura.Este  ano a Academia dedicou este día  á figura do poeta, tradutor, editor e activista Florencio Delgado Gurriarán. Invitámosvos a achegarvos á súa vida e obra con esta biografía musical creada na aula de música da nosa escola. Grazas a esta peza o alumnado de Chans aprendeu moitas cousas sobre o homenaxeado deste ano con ritmo e diversión.

X CONCURSO DE FOTOGRAFIA CREATIVA

Comunicado ás familias da escola:

Animádevos a participar na X edición do concurso de fotografía creativa. Podedes presentar as vosas instantáneas ata o 20 de maio. Premendo na imaxe poderedes consultar  as bases do concurso, cuxa temática é a maxia. Crendo na maxia...todo é posible.

OBRADOIROS DE CALMA E BENESTAR

Coa chegada de maio, os nenos/as de E. Primaria participaron de maneira vivencial, sensorial  e lúdica nos obradoiros de calma e benestar. Descubriron que pensamentos, sensacións e emocións inflúen na súa calma e tomaron conciencia de como recuperar a armonía interna e a xestión das súas emocións.

Distribuir contido