try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

EN CHANS NO MES DE ABRIL...

Comezamos o 3º trimestre cunha manchea de interesantes actividades  das que salientamos:

O alumnado de 5º e 6º participou  no obradoiro de EduSaúde de Innova preparando un delicioso hummus de remolacha e de aguacate moi saúdable e sabroso.

 O xoves 20 alumnado de 2º recibiu a visita de Pedro, veterinario da clínica de Cabral “Ars Canis”. Contou todo o que pode facer unha persoa que estudou veterinaria aparte de curar e coidar os animais. E tamén ensinou mediante un xogo todos os coidados que teñen que levar as nosas mascotas. Moitas grazas, Pedro! Encantounos!

Preme aquí para ver imaxes

O domingo 23 de abril o alumnado de Chans deuno todo na carreira de cross organizada pola escola de Mosteiro-Bembrive. Pasárono xenial e fixeron unha carreira estupenda en tódalas caregorías. Parabéns!

Preme para ver as imaxes dos participantes

Para celebrar o día  do libro inaugurouse  na biblioteca a exposición “O libro, o mellor invento do mundo”, realizada coa colaboración do alumnado de 3ºB e o alumnado colaborador de biblioChans. Un percorrido pola evolución do libro, dende as táboas de arxila ata o “e-reader”:

 Non hai mellor xeito de celebra o día do libro que lendo e gozando da lectura entre iguais. Preme an imaxe e poderás sentir o goce de ler ao fresco cos Apadriñamentos lectores:

 O día 24 de abril, o alumnado de 5º ,a través do progama Xogade tivo a oportunidade de probar nas instalacións do IFEVI, distintas modalidades de atletismo: carreiras de relevos, de velocidade, de fondo, salto de pértiga, de cercas...

O día 25 de abril,alumnado de 6º gozou dun día de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Santa Mariña, o CEIP Carballal Cabral e o CEIP de Candeán, os centros adscritos ao IES Carlos Casares. Foi unha xornada moi completa con xogos cooperativos, roteiro pola senda do Eifonso e xantar na alameda de Bembrive.

E rematamos o mes de abril coa participación de dous equipazos de 6º no Rebumbio Matemático: Iago, Hugo, Mateo, Aroa, Carla e Xabi, que representaron á escola  no CPR Rosalía de Castro. Foi unha dura proba na que o deron todo! Moi orgullosos destes pequenos/as matemáticos/as.

 

 

ADMISION DE ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022-23

Comunicámosvos que as solicitudes presentadas para  4º infantil, 5º infantil, 1º, 2º e 3º primaria foron admitidas provisionalmente.

As listas do alumnado de 5º poden ser consultadas no centro,  a través da chave 365 ou certificado dixital na páxina https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

 

NA ESCOLA DE CHANS, NO MES DE MARZO

Invitámosvos a coñecer algunhas das actividades máis significativas que aconteceron na escola de Chans durante o mes de marzo:

Continuamos  coas visitas a nosa biblioteca de referencia: Biblioteca Neira Vilas. Este mes  o alumnado de  EI 5 anos e o de 6º de primaria participaron nesta actividade de dinamización á lectura.

O día 1 de marzo, organizouse na escola unha anovadora proposta: Todos e todas contamos. Este proxecto permitíu ao alumnado de EI desfrutar dun obradoiro levado a cabo por persoas con diversidade funcional da Asociación Igualarte

O 3 de marzo o alumnado de 5º que participará na Reconquistiña asistíu nas instalacións da escola a un  obradoiro  de percusión.

O martes 7 de marzo, invitouse ás familias e ao profesorado a asistir á charla "Violencia sexual contra a infancia" coa colaboración das ENAPAS e de AMINO. 

Neste encontro achegámonos a contidos de gran interese: aclaración de conceptos, mitos, indicadores, perfiis da víctima e do agresor, protocolos de actuación...Grazas a todos os asistentes.

O 8 de marzo, día internacional da muller, a escola de Chans tinxiuse de morado para  reivindicar que todas as mulleres do mundo  sexamos libres, felices e  ben valoradas 

Ogallá que este muro de igualdade que simbólicamente comezamos a construír hoxe, continúe medrando día a día. Podedes ver imaxes do acto "Construíndo igualdade" premendo na imaxe:

Este mes desenvólvense de novo os obradoiros (manipulativo, tecnolóxico) e o encontro virtual do programa "Te lo cuentan las matemáticas no que participa o alumnado do 3º ciclo de primaria.

O día 10 de marzo, o alumnado de 3º e 4º viaxan ao teatro Afundación para asistir ao estreo da performance teatral: "Nautilus:20.000 leguas de viaxe submarino"

Ese mesmo día os nenos/as de 2º primaria participan no MARCO do concerto didáctico: Unha viaxe por Laxeiro.Arte e música únense para celebrar o "Ano de Laxeiro"

O alumnadode 5º primaria participa nos obradoiros de Amaina, sobre coeducación os días 10 e 17 de marzo.

O día 14 de marzo desenvolveronse os obradoiros dos Contrato Programa Innova (EDUsaúde) destinados ao alumnado de 5º e 6º para potnciar os hábaitos de vida saudables,

O 21 de marzo  celebramos o día da poesía e a chegada da primavera nun acto conxunto nos xardíns da escola. Cantamos á primavera, e inauguramos os nosos hortos con pareados escritos nunha táboa, que unha vez decorada colocámola  adornando os nosos bancais: "a horta desta escola é a horta que máis mola"

O  dia 21 de marzo, o alumnado de 5º B tivo o pracer de escoitar e estrevistar a Beatriz Gándara, campiona de España de paraescadada e todo un exemplo de superación persoal.Con ela aprendemos que con vontade e esforzo podemos  superar as maiores dificultades e conseguir cousas incribles. Grazas pola túa testemuña Beatriz. Estamos desexando ler a tús historia historia no Faro da escola

Preme na foto aquí.

E continúan chegando novas achegas para o panel "Pequenos grandes inventos" actividade do PDI "Vai de inventos". Preme na imaxe:

O venres 24 de marzo, grazas a boa disposición e amabilidade de dúas "mamás " de alumnado da escola, os/as nenos/as  de 1º e 2º de primaria gozaron dun obradoiro de Igualdade. Que vivan as uñas de cores"!! Preme na imaxe:

A asociación Amaina completou esta formación en 2º primaria o día 30 de marzo.

Rematamos o trimestre con dúas actividades que fomentan a igualdade e impulsan formas relacionais positivas e non discriminatorias: "A xincana pola igualdade"  (Barafunda) para o alumnado de 3º e 4º e  "Improvisa en igualdade" (Amorodio teatro) para o alumnado de 6º primaria.

 

ADMISIÓN 2023/2024. Vacantes e solicitude

Podedes descargar a solicitude de admisión premendo na imaxe:


 Vacantes:

ACONTECEU EN CHANS NO MES DE FEBREIRO.

Presentámosvos algunhas das actividades que desenvolvemos na escola de Chans durante o mes de febreiro:

O 1 de febreiro, nenos/as de 3º e 6º de primaria desprazáronse a Portas para participar no cross do Xogade financiado pola Xunta de Galicia. Parabéns a todos os participantes que apostan por un estilo de vida  activo e saudable. Preme para ver a foto dos participantes.

A nosa árbore de madeira xa acolle ás "escolas pola paz". Preme na imaxe:

Alumnado de 1º, 3º primaria e de  EI 5 anos visitan as instalacións da Biblioteca  Neira Vilas, a nosa biblioteca de referencia e participan nun obradoiro sobre o universo.

Os nenos/as de 5º e 6º de primaria visitan ás instalacións do Faro de Vigo o 7  de febreiro.

O alumnado de infantil participa  nun obradoiro de prevención de abusos sexuais. Colabora AMINO.

O día 14 de febreiro, día dos namorados, os nenos/as de 6º desprazáronse a A Coruña para visitar os museos científicos desta cidade.

Os nenos/as de 3º primaria visitan o Museo do Mar para participar na actividade "mans á masa".

O día 16 de febreiro, os nosos artistas de Chans, as "estrelas" de 2º e Esteban de 3º actuaron no pavillón deixándonos abraiados cos seus bailes. Parabéns artistas!

O día 17 de febreiro celebramos o desfile do Entroido. A Comunidade educativa gozou da música, das comparsas  e da troula  do entroido temático: "Vai de inventos". Preme no vídeo.

O día 24 de febreiro, rendémoslle unha homenaxe á Rosalía de Castro, figura fundamental da cultura galega cun pequeno acto no que os nenos/as de 2º primaria achegáronnos á vida desta escritora e ao poema "Adios ríos , adios fontes". Preme na imaxe:

O día 28 de febreiro, o escritor Miguel López, el Hematocrítico", visita a nosa biblioteca para contarlle ao alumnado de 1º moitas cousas interesantes sobre o libro que están a ler "Feliz Feroz".

O mes remata coa "Xornada de Portas abertas": as portas da escola  ábrense para ás familias que  queren achegarse ao noso proxecto educativo e ás nosas instalacións e servizos.

 

 

NA ESCOLA DE CHANS NO MES DE XANEIRO

Estas son as actividades máis significativas que se desenvolveron  no cole Chans  durante o mes de xaneiro:

Inauguramos a conta da #escoladechans en instagram. Se queres estar ao tanto das actividades da escola, síguenos premendo a imaxe

O "Equipo de mediación" xa está en marcha. O alumnado mediador de 5º de primaria axudará aos nenos/as que opten por este servizo, a resolver os conflitos do patio a traves do dialogo.O importante é chegar a acordos e expresar como nos sentimos porque  "Mediando, gañamos todos e todas".

 Comezamos un novo proxecto documental integrado "Vai de inventos. O obxectivo principal desta nova aventura é achegarnos ao mundo dos inventos a través da figura de Leonardo da Vinci, seguir a súa evolución ao longo do tempo e analizar o seu impacto cara un mundo máis sostible.

O día 16 de xaneiro, os nenos/as de 5º primaria participaron no obradoiro "Rumbo ás illas" para ir preparando á visita ás illas Cíes durante o mes de Xuño.

O alumnado de 4º, 5º e 6º participou nunha charla sobre diversidade funcional (TEA) o día 19 de xaneiro.

O alumnado de 4º visitou o Museo do Mar o día 31 de xaneiro para participar na actividade "Mans a masa".

O día 30 de xaneiro, día internacional da paz e non violencia, xuntámonos no patio para celebrar un acto conxunto baixo o lema: "Capaz coa paz":

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Xa podedes anotarvos para coñecer a nosa escola. Podedes facelo chamando ao 886111140. Os horarios das visitas serán:

- Luns 27 de febreiro: 10:00h e 16:30h.

- Martes 28 de febreiro: 12:00h e 16:00h.

- Mércores 1 de marzo: 10:00h.

 

NA ESCOLA DE CHANS NO MES DE DECEMBRO

Familias do cole Chans: aquí tendes as actividades máis significativas que se desenvolveron na escola de Chans durante o mes de Decembro. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Desexámosvos que a maxia do Nadal traia as vosas vidas e a nosa escola todo o que nos fai ben e moita moita ilusión.

A compañía de teatro "Migallas"presentou o seu espectáculo "Brincadeiras da lingua" para o alumnado de 1º a 4º primaria o dia 1 de decembro.

O día 2 de decembro o alumnado de 4º primaria visitou "Naturnova" para participar na actividade "Galicia e a súa contorna".

O alumnado de 5º e 6º rematou a primeira fase do programa "Te lo cuentan las matemáticas" cos encontros virtuais con relatores vencellados ao mundo das matemáticas e da ciencia.

Continúan  os venres as  actuacións dos nosos/as "artistas de Chans" na Biblioteca: alumnado de 3º (Valentina, Zoe, Aldara, Izan, Ismael, Iria, Darío) e de 6º (Aroa)  emocionáronnos  coas súas mostras de creatividade: cancións, poemas, maxia...

O Apalpador, recén chegado dos montes do O Courel, visitou a nosa escola o día 20 de decembro. Grazas familias da ANPA por facilitar esta viaxe.

O alumnado nde 3º primaria realizou unha visita ao Museo do Mar para participar na actividade "Sardiñas adxudicadas".

O día 21 de decembro,os nenos/as  de E. Infantil elaboraron  deliciosos biscoitos de iogur no comedor para agasallar as súas familias e para que este Nadal sexa aínda máis doce.

O día 22 de decembro rematamos o trimestre e o ano na escola de Chans coa Feira de Nadal´22 con diferentes postos cheos de creatividade e diversión. As doce  horas no pavillón comemos as uvas da sorte e demos a benvida ao Aninovo  con música, baile e moitas apertas cheas de bos desexos.

Con esta tarxeta colaborativa queremos agradecervos o voso compromiso coa escola e desexarvos moita saúde e felicidade.

 

 

NO NADAL REGALA IGUALDADE

O acto de regalar non é un acto inocuo. Ser conscientes de que cada vez que regalamos un xogo ou un xoguete

estamos a limitar ou ampliando as posibilidades das nenas e dos nenos pode facer que o pensemos dúas veces.

Elixir que regalamos é unha decisión moi seria.O CEIP de Chans  aposta por regalar xoguetes libres de estereotipos sexistas, Preme na imaxe e accederás ao catálogo.

 

 

NA ESCOLA DE CHANS, NO MES DE NOVEMBRO...

Prezadas familias, queremos compartir convosco algunhas das actividades máis significativas que se desenvolveron na escola durante o mes de Novembro:

Comezamos cos "Xogos inclusivos"  no pavillón durante o tempo do recreo no marco do programa "Recreos felices"

Visita ao Concello do alumnado de 6º, que fixeron entrega do seu cartaz con ideas para que Vigo sexa unha cidade mellor e máis sostible.

Exposición creativa de "Froitos de outono", grazas a vosa colaboración.

Celebración do Magosto o 11 de novembro: Preme na imaxe :

 

Charla para familias organizada por FOANPAS  o 16 de Novembro: "Educar  na sexoafectividade"

Participación no Cross Escolar (Programa Xogade) do alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º, 6º primaria, con gran éxito no medalleiro. Parabéns a todos/as as participantes.

Participación do alumnado de 5º e 6º nos obradoiros de "Te lo cuentan las matemáticas".

Os nosos "Artistas de Chans" comezan as actuacións:   Iago e Roque de 6º deixáronnos con cara de papáns  co seu show de maxia en BiblioChans o venres 18 de Novembro.

Continúan os obradoiros de "Prevención contra abuso e maltrato infantil" en 2º  a cargo de AMINO

Desenvolvemento de obradoiros de  Mediación e Educación emocional para o alumnado de 5º primaria.

Celebración do 25 Novembro "Día internacional da eliminación da violencia contra a muller". Preme na imaxe

Distribuir contido