Skip to Content

Xornadas de comedor en ecolóxico

A vindeira semana o menú do comedor verase modificado xa que os días 3, 4 e 5 de outubro teremos pratos con produtos ecolóxicos proporcionados polo programa Nutricoles:

  • Martes 3 de outubro:

1º - Ensalada de arroz

2º - Tacos de polo á prancha con espinacas

Postre - Froita de temporada.

  • Mércores 4 de outubro:

1º - Lentellas estofadas con verduras

2º - Coliflor gratinada

Postre - Froita de temporada.

  • Xoves 5 de outubro:

1º - Sofrito de xudías verdes con pataca e cabaza

2º - Hamburguesa de tenreira

Postre - Froita de temporada


Menú comedor escolar 2023/24

Deixámosvos a continuación os menús do comedor escolar para este curso 2023/24 (premede nas imaxes para velos en grande e/ou descargalas).

O menú de primavera-verán é o que está a servirse dende comezo de curso e seguiremos con el ata o 27 de outubro. Volveremos a retomar este menú o 2 de abril de 2024 ata fin de curso.

 

O menú de outono-inverno servirase dende o 30 de outubro de 2023 ata o 22 de marzo de 2024.

Coma sempre, os menús son susceptibles de cambios puntuais por necesidades do servizo.

Calendario escolar 2023/24

A maiores dos días non lectivos comúns para todos os centros de Galicia establecidos na ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (entre os que se atopa o 7 de decembro como Día do ensino), o noso centro solicitou os seguintes días NON lectivos (xa incluídos no calendario de arriba):

13 de outubro de 2023

16 de maio de 2024

 

Reunións familias inicio curso 2023/24

 As reunións das titoras de cada grupo coas familias terán lugar nas seguintes datas:


Curso

Data

Hora

4º Infantil

Mércores 6 de setembro

10:30

5º Infantil

Mércores 6 de setembro

12:00

6º Infantil

Mércores 6 de setembro

12:00

1º Primaria

Luns 18 de setembro

16:00

2º Primaria

Luns 18 de setembro

16:00

3º Primaria

Martes 26 de setembro

16:30

4º Primaria

Luns 2 de outubro

16:00

5º Primaria

Mércores 13 de setembro

Martes 26 de setembro

16:00

16:30

6º Primaria

Martes 26 de setembro

16:30

Colaboradoras/es comedor escolar 2023-24

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta* nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o 7 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2023.

Durante o curso escolar 2023-2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

* Os pais/nais recibirán unha compensación económica de 12,50€ cada día que colaboren polos gastos de dedicación e desprazamentos. Os importes resultantes aboaranse mediante tres pagamentos que comprenderán os meses de setembro a decembro, xaneiro a marzo e abril a xuño (a eses importes aplicáraselle a retención fiscal que corresponda). Ademais, os días que colaboran poden comer gratuitamente no comedor escolar.

En que consiste a colaboración?

Funcións das persoas colaboradoras:

a) Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades establecidas de acordo co programa anual do servizo de comedor escolar.
b) Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais e unha correcta utilización e conservación da menaxe de comedor.
c) Axudar os alumnos e as alumnas que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.
d) Informar o equipo directivo do centro, no modelo de impreso que este lles facilitará, de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo de comedor, para que aquel o poña en coñecemento das familias.
e) Atención ao alumnado nos períodos de antes e despois do xantar (dende as 14:30 ata as 16:00), basicamente no exercicio e desenvolvemento de actividades programadas para eses períodos, atendendo ás orientacións do encargado do servizo de comedor escolar.
f) En razón do carácter educativo do servizo de comedor escolar fomentarase a colaboración do alumnado a partir de 5o de primaria, sen que iso supoña, a ausencia física ou substitución do persoal habitual encargado da atención no devandito servizo.
O persoal  que participe voluntariamente na tarefa de atención ao alumnado no servizo de comedor escolar non poderá abandonala, a non ser por causa xustificada, e sempre con coñecemento e autorización da dirección do centro (artigo 8.2 da Orde do 21 de febreiro de 2007).

Solicitude praza comedor 2023/24

Prazo de presentación de solicitudes para facer uso do servizo de comedor escolar no curso 2023/24: do 5 ao 14 de xullo de 2023 en horario de 10:00 a 14:00.

Documentación a presentar:

*Especificacións para cubrir correctamente a autodeclaración AQUÍ.


Segundo establece o artigo 11 do Decreto 132/2013, serán usuarios gratuítos os seguinte:

  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil que se atope en situación de acollemento residencial ou familiar.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil pertencente a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

E, segundo a disposición adicional primeira do citado Decreto, o alumnado escolarizado nun centro distinto ao que lle correspondería por domicilio ou lugar de traballo das persoas proxenitoras ten que pagar o máximo (4,50€) o primeiro ano (excepto se xa ten irmáns no centro, que pagará segundo o resultado da autodeclaración).

 

Libros de texto 2023/24

Hoxe, 4 de xullo, está dispoñible en Secretaría a listaxe provisional de admitidas no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir material escolar.

O prazo para posibles reclamacións son os días 5 e 6 de xullo.

O venres 7 de xullo publicarase en Secretaría o listado de definitivo de admitidas no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir material escolar.

Matrícula alumnado nova incorporación 2023/24

DESTINATARIOS:

Todo o alumnado que se matricula no noso centro por 1ª vez (o alumnado que xa está cursando estudos no centro NON ten que presentar nada).

PRAZO de presentación:

Do 22 ao 30 de xuño de 2023 (ambos incluídos).

FORMA de presentación:

Presencialmente no centro en horario de 10:00 a 14:00.

DOCUMENTACIÓN a entregar:

  • Formulario de matrícula debidamente cuberto.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do boletín de vacinas.
  • 3 fotos tamaño carné.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros de texto:

Alumnado que vaia cursar 3º ou 4º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.

  • Axudas para adquirir libros de texto:

Alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.

  • Axudas para adquirir material escolar:

Alumnado que vaia cursar 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.

PRAZO de presentación de solicitudes:

Dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos).

FORMA de presentación:

  • Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Iniciando sesión na web Fondolibros con Chave365 ou certificado dixital.
  • Tamén se pode facer presencialmente no centro* (preferiblemente, en horario de 9:35 a 10:30). Deberán presentar a solicitude e o anexo II debidamente cubertos e asinados xunto cunha copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. En caso de separación deberán presentar sentenza xudicial e/ou convenio regulador. Se fose o caso, deberán presentar tamén certificado acreditativo do grao de discapacidade.

*O alumnado que actualmente está en 6º de Primaria terá que presentar a solicitude no IES no que está admitido.

Na ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330Hpodedes ver a contía das axudas (artigo 2) en función da renda per cápita (artigo 3), que se calcula en base aos membros computables da unidade familiar (artigo 4).

Colaboración Proxecto Eco-comedores

Desde este curso escolar o noso centro está a colaborar co Proxecto Eco-comedores, cuxa finalidade é a de promover o consumo de produtos ecolóxicos, de tempada e proximidade nas escolas con cociña propia. 

Podedes ver neste tríptico en que consiste este Proxecto:

O pasado martes 16 de maio Bea, de Nutricoles, acompañada de Elena, de Terras de Miranda, impartiron unha charla para as familias na que nos explicaron como mellorar á alimentación a través do consumo de produtos máis saudables e de proximidade.

Admisión alumnado curso 2023/24

Prazo de presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Para solicitar a admisión deberase presentar:

  • Solicitude debidamente cuberta e asinada (Anexo II e Anexo II-Bis). Poden descargala AQUÍ.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente.
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar.

DATAS DE INTERESE

Data de publicación da listaxe provisional de admitidas/os: 25 de abril.

Data de publicación da listaxe definitiva de admitidas/os: 15 de maio.

Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

INFORMACIÓNS VARIAS

Os postos ofertados para cada nivel poden consultarse aquí

Servizos complementarios que ofrece o centro: comedor e transporte escolar.

A admisión e matriculación nun centro docente público implica respectar o Proxecto Educativo do centro. Podedes consultar o noso aquí.

Na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) poden consultar:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Lectura e Familias 2023

Boas familias!

Este curso volvemos a estar dentro do Programa Lectura e Familias! Queredes saber en que consiste? Grazas a este programa podemos propoñervos unha serie de charlas, talleres e obradoiros e, por suposto, abrirvos as portas á nosa escola. Este curso contamos coas seguintes formacións:

Sorriso XOGANDO NAS NUBES. Queredes ideas para xogar coas vosas nenas e nenos? Non sabedes que xogos son aconsellables para cada idade? Deixamos gañar ou tamén perder? Iria Orizales poderá dar resposta a todas estas cuestións a través da explicación dos xogos, do seu papel no desenvolvemento de habilidades, de como ler e interpretar as instrucións, de xogos de mesa no fomento da lectura e a través de situacións reais de xogo, diversión e aprendizaxe. Os datos deste obradoiro son os seguintes:

  • DATA: xoves 9 de marzo
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as familias deberán asistir coas nenas e nenos

Sorriso DISCIPLINA POSITIVA. Gustaríavos entender o comportamento das vosas fillas e fillos? Ser amables e firmes ao mesmo tempo? E mellorar o ambiente do fogar a través de estratexias respectuosas? A mestra Paula Otero Freijomil amosaranos a través da Disciplina Positiva, novas dinámicas para a resolución de conflitos na casa. A información deste taller é:

  • DATA: mércores 22 de marzo
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso AGADIX. A Asociación Galeda da Dislexia explicaranos en que consiste este trastorno específico da linguaxe. Que é a dislexia? Que dificultades presenta unha nena ouneno con dislexia? Como podemos axudarlles? A estas a outras preguntas poderemos responder coa axuda das rapazas de AGADIX. Os datos desta charla son:

  • DATA: mércores 19 de abril
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: en Bibliocervo a través da plataforma Webex
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso RAIOLAS. A Asociación de pais, nais e persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e Trastorno da Comunicación Social (TCS) visitarán o noso centro para axudarnos a coñecer un pouco máis ditos trastornos, a entender a súa realidade e o seu día a día.  

  • DATA: mércores 24 de maio
  • HORA: 17:00 a 19:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Agardamos a vosa participación (poderedes anotarvos a todas as formacións que sexan do voso interese) e, para iso, necesitamos que cubrades o seguinte formulario:

 

Plan Director 2023

Queridas familias!

Estamos encantadas de anunciarvos que o xoves 23 de febreiro terá lugar a charla do Plan Director dirixido a familias por parte da Garda Civil. Gustaríache afondar sobre sobre o tema do acoso escolar? Agardámosvos ás 16:00 en Bibliocervo. E a charla informativa terá unha duración dunha hora. 

Para anotarvos, teredes que cubrir o seguinte formulario cos seguintes datos. 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2023-2024

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, no IES Marqués de Sargadelos), para os efectos de RESERVA DE PRAZA neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP de Cervo) ou a través da aplicación “admisionalumnado” o formulario normalizado ED550A(Anexo I e Anexo I-bis) entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva a través destas tres opcións:

  • Informaticamente e presentala de xeito manual no centro, desde a páxina web do centro (máis abaixo pódese descargar o formulario) ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) no menú: Solicitudes - Reserva – Crear

  •  Cubrila informaticamente e asinala en Sede Electrónica (para o que se precisa de Chave 365 ou certificado dixital) a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) no menú: Solicitudes - Reserva – Crear; sendo esta a canle preferible de presentación.

  •  De xeito manual e presentala asinada presencialmente no centro de orixe: CEIP de Cervo (solicitando o Anexo I e o Anexo I-bis en secretaría).

 

IMPORTANTE:

  • Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP de Cervo) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
  • O alumnado que ten reservada praza no centro adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicar por escrito a renuncia á reserva antes do 1 de Marzo de 2023.

  • O alumnado que NON continúe os estudos no centro adscrito (é dicir, os que decidan ir a outro IES que non sexa o IES Marqués de Sargadelos), non poderán reservar praza, e directamente presentarán a Solicitude de Admisión no mes de Marzo (aproximadamente nos primeiros 20 días dese mes. Poderedes consultar as datas exactas na aplicación “admisiónalumnado” ou chamando ao centro a finais de febreiro).

 

Descarga o formulario para a reserva de praza aquí:

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf

Premio VIII Concurso de Traballos por Proxectos

A comunidade educativa do CEIP de Cervo está de celebración!

O noso colexio foi un dos 20 centros galardoados (dos 55 presentados) no VIII Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar grazas ao Proxecto Documental Integrado levado a cabo durante o curso 2021/22 "Mens sana in corpore sano". 

A continuación podedes ver:

 

Agrupación de centros educativos

O noso centro foi un dos seleccionados para participar no programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional Agrupacións de centros educativos (ver resolución aquí). A nosa agrupación está composta por:

Estes 4 centros levaremos a cabo durante os cursos 2022/23 e 2023/24 un proxecto común que favoreza a educación inclusiva e a innovación educativa e impulsaremos os intercambios entre os centros, contribuíndo a que alumnado e profesorado adquiran e melloren aptitudes empregando, entre outros medios, as tecnoloxías da información e da comunicación.

As mobilidades previstas son:

  1. Acollida de coordinación (profesorado) en Cervo - do 9 ao 11 de novembro de 2022. Ver programa.
  2. Visita do alumnado de 6º de Primaria a Cartaxena - do 19 ao 21 de abril de 2023.
  3. Visita de coordinación (profesorado) a Badaxoz - 2024.
  4. Visita do alumnado de 6º de Primaria a Ingenio (Gran Canaria) - 2024.

Os ámbitos de traballo nos que nos centraremos son:

  • Pensamento computacional.
  • Espazos creativos con metodoloxías activas.
  • Espazos radiofónicos (RadioEdu, Radio na biblio).
  • Patios e recreos inclusivos.
  • Competencias emocionais e sociais.
  • Biblioteca como centro de creación de actividades.

Pulsando no logo do programa que vos deixamos a continuación (dispoñible tamén na barra lateral esquerda da web) podedes acceder ao espazo colaborativo creado para o proxecto no que se irán publicando as actividades que se realicen:

Horarios do centro

Curso académico 2023/24

Horario lectivo:

Horario de atención ao público do equipo directivo: 9:35 - 10:30 (recoméndase solicitar cita).

Horario de titorías: luns de 16:00 a 17:00 (previa cita coa persoa titora).

Menú comedor 2022/23

Deixámosvos a continuación os menús do comedor escolar para este curso 2022/23 (premede nas imaxes para velos en grande e/ou descargalas)

O menú de primavera-verán é o que está a servirse dende comezo de curso e seguiremos con el ata o 28 de outubro. Volveremos a retomar este menú o 6 de marzo de 2023 ata fin de curso.

 

O menú de outono-inverno servirase dende o 2 de novembro de 2022 ata o 3 de marzo de 2023.

Coma sempre, os menús son susceptibles de cambios puntuais por necesidades do servizo.

Calendario lectivo 2022/23

A maiores dos días non lectivos comúns para todos os centros de Galicia establecidos na ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o noso centro solicitou os seguintes días NON lectivos (xa incluídos no calendario de arriba):

5 de decembro de 2022

2 de maio de 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut