Skip to Content

Agrupación de centros educativos

O noso centro foi un dos seleccionados para participar no programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional Agrupacións de centros educativos (ver resolución aquí). A nosa agrupación está composta por:

Estes 4 centros levaremos a cabo durante os cursos 2022/23 e 2023/24 un proxecto común que favoreza a educación inclusiva e a innovación educativa e impulsaremos os intercambios entre os centros, contribuíndo a que alumnado e profesorado adquiran e melloren aptitudes empregando, entre outros medios, as tecnoloxías da información e da comunicación.

As mobilidades previstas son:

  1. Acollida de coordinación (profesorado) en Cervo - do 9 ao 11 de novembro de 2022. Ver programa.
  2. Visita do alumnado de 6º de Primaria a Cartaxena - do 19 ao 21 de abril de 2023.
  3. Visita de coordinación (profesorado) a Badaxoz - 2024.
  4. Visita do alumnado de 6º de Primaria a Ingenio (Gran Canaria) - 2024.

Os ámbitos de traballo nos que nos centraremos son:

  • Pensamento computacional.
  • Espazos creativos con metodoloxías activas.
  • Espazos radiofónicos (RadioEdu, Radio na biblio).
  • Patios e recreos inclusivos.
  • Competencias emocionais e sociais.
  • Biblioteca como centro de creación de actividades.

Pulsando no logo do programa que vos deixamos a continuación (dispoñible tamén na barra lateral esquerda da web) podedes acceder ao espazo colaborativo creado para o proxecto no que se irán publicando as actividades que se realicen:



page | by Dr. Radut