Skip to Content

Volta ás aulas 10 xaneiro

Galicia, en permanente coordinación cos Ministerios competentes en sanidade e educación, volverá ás aulas o día 10 de xaneiro de acordo co calendario escolar e o protocolo que vén funcionando desde principio de curso.

De acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos. Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas. Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa. A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento. En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

O conselleiro de Sanidade anunciou que a Xunta de Galicia segue coa busca activa de casos nun rango de idade sen pauta completa e, así, o Executivo galego ofrecerá un segundo test gratuito para o alumnado de 5 a 11 anos, que se poderá recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa. Este segundo test estará dispoñible a partir do día 7 de xaneiro.

Calendario 2022

Aquí vos deixamos o calendario do ano 2022 feito polas diferentes clases. Este é un dos produtos finais do Proxecto Documental Integrado do noso centro neste curso 2021/22, Mens sana in corpore sano.

Fai clic na imaxe para ver o calendario 2022 completo

Distribución de máscaras entre o alumnado

O pasado venres 12 de novembro publicouse no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/22 NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

Ten que presentar solicitude o alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/22 e cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O prazo para presentar esta solicitude é do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Publicación, no taboleiro de anuncios do centro, da listaxe provisional de solicitudes excluídas* e concedidas: 29 de novembro de 2021.

*En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Publicación, no taboleiro de anuncios do centro, da listaxe definitiva de solicitudes excluídas e concedidas: 2 de decembro de 2021.

Xunto coa publicación da listaxe definitiva anunciarase o procedemento para a entrega das máscaras.

Novo menú comedor escolar 2021/22

Dende o martes 2 de novembro teremos o seguinte menú de outono-inverno, que foi deseñado de acordo ás recomendacións da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición. Como novidade, inclúe unha proposta de cea. Coma sempre, está suxeito a posibles cambios por necesidades puntuais do servizo.

Para ver a tamaño completo, premede na imaxe.

Calendario lectivo 2021/22

A maiores dos días non lectivos comúns para todos os centros de Galicia establecidos na ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o noso centro solicitou os seguintes días non lectivos (xa incluídos no calendario de arriba):

7 de decembro de 2021

16 de maio de 2022

Pago telemático comedor escolar

Desde o pasado mes de maio, as persoas responsables de alumnado usuario de comedor coa obriga de abonar parcial ou totalmente o servizo, poden efectuar o pago telemático da taxa polo uso do servizo de comedor a través do portal espazoAbalar, sen necesidade de acudir a ningunha entidade.

Para isto terán que iniciar sesión en espazoAbalar coa Chave365 (opción que hai que seleccionar no 1º despregable xa que por defecto vén "Usuario de educación") ou con certificado dixital  e facer click en EspazoFamilias - > Servizos complementarios -> Comedor. No mes de setembro verán un icono que pon CIXTEC. Se fan click nel daralles a posibilidade de facer o pago con tarxeta. IMPORTANTE: na ventá que se abre para realizar o pago e unha vez feito o mesmo, tedes que facer clic en CONTINUAR (non pechar a pestana) e rediríxevos de novo a espazoabalar confirmando que o pago das taxas se realizou correctamente.

O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente ao centro, polo que os suxeitos que empreguen este sistema non terán que presentar xustificante algún no centro.

Facilitamos tamén a guía de uso de espazoAbalar para as familias actualizada coa información para esta funcionalidade. As explicacións relacionadas co pago desta taxa están recollidas nas páxinas 16 e 18.

Actividades extraescolares pola tarde 2021/22

O vindeiro luns 4 de outubro comezan as actividades extraescolares organizadas pola ANPA do noso centro: manualidades, baile moderno, xadrez, teatro, guitarra e karate. Para inscribirse en calquera delas contactade coa ANPA.

A partir do martes 5 de outubro tamén estará aberta polas tardes a biblioteca do centro para o alumnado (de martes a venres de 16:00 a 18:00). Para facer un uso regular deste servizo, a familia deberá cubrir o seguinte formularioPara un uso puntual do mesmo, as familias avisarán previamente á titora.

E todos os mércores, a partir do mércores 6 de outubro, haberá patinaxe no pavillón do centro, actividade organizada polas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo.

Nos seguintes enlaces podedes consultar os protocolos COVID para estas actividades, aprobados polo Consello Escolar do centro:

Menú comedor escolar provisional 2021/22

Pincha na imaxe para vela en grande

Este é o menú provisional para este comezo de curso, xa que estamos a traballar nun novo menú deseñado de acordo coa última Lei de seguridade alimentaria e nutrición. Coma xa sabedes, está suxeito a posibles cambios por necesidades puntuais do servizo.

Horarios reunións familias setembro 2021


Curso

Data

Hora

5º Infantil

Luns 13 de setembro

16:00

6º Infantil

Luns 13 de setembro

16:15

1º Primaria

Mércores 22 de setembro

16:15

2º Primaria

Mércores 22 de setembro

16:00

3º Primaria

Luns 13 de setembro

17:30

4º Primaria

Luns 27 de setembro

16:00

5º Primaria

Luns 13 de setembro

Martes 21 de setembro

16:30

16:30

6º Primaria

Martes 21 de setembro

16:15

 

  •       Todas as reunións terán lugar na aula do curso correspondente.
  •       Para evitar aglomeracións e respectar aforos e distancias, pregamos asista 1 persoa por familia.
  •       Máscara obrigatoria e desinfección de mans ao entrar no centro.

 

Inicio de curso 2021/22

Benvidas/os ao curso 2021/22! Deixámosvos aquí unha serie de indicacións para os primeiros días antes das reunións de familias coas titoras, xa que estas terán lugar unha vez comezado o curso (durante o mes de setembro).

  • Importantísima a puntualidade na entrada do alumnado.
  • O alumnado non transportado esperará coa familia a que o profesorado encargado vaia chamando por cursos ás 9:35. Desta maneira poderemos entrar sen mesturarnos.
  • Non se permite a entrada dos proxenitores no centro agás para trámites administrativos.
  • O horario de dirección/secretaría será de 10:00 a 10:30 todos os días, respectando sempre as medidas hixiénico-sanitaritas (máscara, desinfección de mans, distancia).
  • Todo o alumnado deberá traer dous estoxos para máscaras: un coa máscara de reposto e outro para gardar a que se está usando no momento de beber ou comer.
  • O servizo de comedor funcionará dende o primeiro día de cole (excepto para o alumnado de 4º de Infantil).
  • Ás 15:30 rematan as nenas/os de comer no comedor. Sería convinte que esa fora a hora de recollida do alumnado debido ás dificultades que atopamos neste tempo para que non se mesturen os grupos estables de convivencia.
  • Lembrámosvos ter instalada a aplicación abalarMóbil, xa que este será o medio que empregaremos para comunicar novas.
  • Nos próximos días subiremos o Plan de adaptación á situación COVID-19 actualizado para este curso académico, do que vos deixamos un resumo aquí.

Ata xoves!

INSTRUCIÓNS COMEDORES CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

 

A fin de usar o servizo de comedor escolar de cara ao vindeiro curso 2021-2022, será necesario que cada familia entregue cuberto o impreso de AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS na secretaría do centro antes do 8 de setembro de 2021.

 

Podedes obter o impreso facendo clic neste enlace.

 

Recordade que é necesario estar ao corrente do pago dos anteriores meses para facer uso do servizo.

Podedes recoller os impresos de pago do mes de xuño no centro, ou realizar o pago polo espazo abalar.

 

 

Un saúdo.

 

 

XORNAL ESCOLAR "NIN QUITO NIN POÑO"

 Tedes á vosa disposición en formato dixital o noso xornal escolar " NIN QUITO NIN POÑO"

 

 Podedes velo premendo nesta ligazón ou na imaxe da portada.

 

Desfrutade da lectura!!

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Aberto o prazo para a formalización de matrícula: Do 21 ao 30 de xuño

Pódese descargar o impreso da matrícula aquí.

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN CURSO 21-22

Xa está publicada no centro a listaxe DEFINITIVA de admisión para o vindeiro curso 2021-2022l.

Pódese consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do colexio ou telemáticamente a través da aplicación "Admisiónalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Tamén podedes chamar ao centro ao teléfono: 982870207 ou a través do correo electrónico: ceip.cervo@edu.xunta.gal

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN CURSO 21-22

Xa está publicada a listaxe provisional de admisión para o vindeiro curso 2021-2022l.

Pódese consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do colexio ou telemáticamente a través da aplicación "Admisiónalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Tamén podedes chamar ao centro ao teléfono: 982870207 ou a través do correo electrónico: ceip.cervo@edu.xunta.gal

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

ÁBRESE O PRAZO DE ADMISIÓN: DO 1 AO 22 DE MARZO

O alumnado que debe tramitar a admisión e solicitar un posto escolar neste proceso será:

  • Aqueles que acceden por primeira vez (alumnado que se incorpora a 4º de educación infantil)
  • Aqueles que cambian de etapa e non continúan os seus estudos no centro adscrito (alumnado de 6º curso que non continúe no IES Marqués de Sargadelos, no noso caso; ou que non fixera a reserva de praza para este IES)
  • Alumnado sen escolarizar para calquera dos cursos de educación infantil ou para 1º de primaria
  • Alumnado que desexe cambiar de centro educativo.

*O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requirirá un novo proceso de admisión.

 

A solicitude de admisión (IMPRESO SOLICITUDE DE ADMISIÓN) deberá ir acompañada da documentación indicada: DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN.

Esta solicitude, así como a documentación, presentarase no centro no que solicite praza en primeiro lugar (cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude, e nesa mesma solicitude poderanse elixir ata 6 centros, por orde de preferencia; a infracción por presentar varias solicitudes en distintos centros determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle).

 

Para máis información consulte a aplicación: ADMISIÓN ALUMNADO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut