Compañía de teatro "Moving On"

Esta semana visitóunos a Compañía de teatro "Movin On", coa escenificación da Obra: A Class Act. You Can Do It!. Levan 35 anos adicados a actividades extracurriculares en inglés, dende 1988.

100% interactivo e participativo, cuns obxectivos moi claros:

  • motivar e animar a todos os niveis de infantil, primaria, secundaria e adultos no seu interese cara a aprendizaxe de inglés.
  • coa participación activa e positiva do público para que falen, canten e desenvolvan  o seu humor en inglés
  • unhas obras dinámicas, interpretadas por nativos de Gran Bretaña con moita experiencia.
  • sempre con música orixinal, posta en escea espectacular, proxección dixital e microfonía inalámbrica
  • todo con material didáctico de alta calidade e adaptado aos diferentes niveis de estudios.

Graza a este proxecto cofinanciado pola ANPA e o colexio desfrutamos dunha experiencia de aprendizaxe do inglés dun xeito moi divertido!!!

Grazas a Steve e Fiona e aos actores e actrices improvisad@s que foron alumn@s do centro.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO