Encontros PLAMBE

O pasado 31 de marzo celebrouse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2022/2023, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional.

Ademais, presentouse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros... ).

A coordinadora da nosa biblioteca asistiu a estes encontros e trouxo moitas ideas novas para aplicar no noso centro e subliñou a importancia de ter "unha alianza de centros".