E chegamos ao último día do trimestre, un día moi esperado pois estivemos preparando o gran festival de Nadal:
Cada titoría preparou un conto, unhas cancións, bailes... para presentar no festival.
Este ano o alumnado de 6º curso, xunto coa súa titora Miriam, levou a cabo toda a organización do mesmo: dirección, atrezo, son, gravación, escenografía; encargados do telón, da taquilla, acomodadores... é dicir todos os cometidos necesarios para que todo estivese en perfecta coordinación. Fixéronno moi ben e resultou un festival moi entretido no que todas e todos pasámolo estupendamente!
Tamén fixemos a entrega de premios do concurso de decoración de portas. Os gañadores foron as nenas e nenos de 1º de Primaria da mestra Laura. Noraboa polo traballo ben feito!
No Instagram do colexio podedes ver anacos das diferentes actuacións
Deixamos uns vídeos gravados antes do festival:
A dramatización do conto "Sopa verde" realizado na aula de 6º de Infantil do mestre Daniel.
A canción "Rudolph" preparada polo alumnado de 6º de Primaria nas especialidades de Educación Física, Educación Musical e Lingua Inglesa.