Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022

O sábado 12 de novembro celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022. Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Escribir a biblioteca escolar".
 
Unha xuntanza que falou do poder da escritura e do relato en moi diversos formatos... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias...
 
Foi, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.
PREME NA IMAXE PARA VER O PROGRAMA
 
O noso colexio participou nesta xornada presentando o programa de Radio na Biblio que coordina a mestra Marta Pérez.
Á xornada tamén acudiron a coordinadora da Biblio, Maricarmen Lázaro e a integrante do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Bibiana Santos.
A xornada foi moi produtiva e vimos con ilusións renovadas.