O luns, 24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca con moitas actividades:
Exposición de libros novos
Exposición de marcapáxinas
Nas caixas de "sorbos de lectura" deixamos as nosas suxestións para mercar novos libros
As Mochilas Viaxeiras foron repartidas entre todos os cursos de primaria.
O alumnado de sexto fixo a representación do conto "Corre, corre, cabaciña. Unha interpretación libre moi orixinal e divertida.
Por último, tivemos a oportunidade de contar co exprofesor do colexio, Vicente Míguez, que acaba de publicar o libro "Mar gremial das rías de Viveiro e do Barqueiro". Vicente fixo unha presentación sobre o Celeiro Antigo amosando as diferenzas coa actualidade, motivando ao noso alumnado da necesidade de preservar a natureza e recordando o traballo realizado polo nosos antepasados.
Felicitamos a todos os participantes nestas actividades polo seu gran traballo realizado.
Nos seguintes vídeos podemos ver un resumo da celebración.