BiblioCeleiro

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro; para conmemorar este día realizamos un mural coas caras das nenas e nenos do colexio dentro do rostro de Rosalía, acompañados de palabras que expresaban diferentes emocións.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Despois do recreo xuntámonos todos no ximnasio do colexio para homenaxear a Rosalía cun Recital Poético-Musical.

Participamos todo o alumnado e profesorado cantando todos os poemas de Rosalía  que foron musicados pola mestra de música, Marta Pérez, desde o ano 2013 ata este curso:

HAS DE CANTAR (Cantares Gallegos) (PROFESORADO)

 

PASA RÍO, PASA RÍO (Cantares Gallegos) (INFANTIL)

 

VIUDAS DOS VIVOS… (Follas novas) (5ºE 6º)

 

NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN (Cantares Gallegos) (3º E 4ª)

PASENIÑO, PASENIÑO (Cantares Gallegos) (1º E 2º)

“TECÍN SOIA A MIÑA TEA” (Follas novas)(TODOS)

 

 O alumnado de 5º de Primaria preparou un pequeno podcats sobre Rosalía de Castro e podedes velo no seguinte vídeo.

GRAN FESTA DE ENTROIDO

O venres, 17 de febreiro, o colexio encheuse de disfraces moi diversos e divertidos. Foi un día moi especial pois realizamos o xa tradicional desfile polas rúas do Chao, acompañáronnos as familias que estaban desexosos de ver desfilar ás nenas e nenos. O tempo tamén nos acompañou, lucía un sol expléndido que convidaba ao paseo.

Despois do desfile degustamos os típicos doces de Entroido: rosquillas, orellas, fereixós... Rematamos bailando e xogando ao noso xeito e pasámolo moi ben!. 

Nos seguintes enlaces podemos ver o que fixemos como preparativos para esta celebración. Tamén deixamos o vídeo do desfile.

ENTRAMOS NO ENTROIDO

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

 

 Tamén podedes escoitar unhas entrevistas realizadas polo alumnado de 6º de Primaria durante o desfile.  O son non é moi bo pero vale moito máis a súa iniciativa. Un aplauso polo seu entusiasmo!!!

AS ABELLAS NA ESCOLA

O mércores e xoves, 16 e 17 de febreiro, todo o colexio asistiu á charla de “Abellas na escola", un programa de contido ambiental deseñado para achegar aos nenos e nenas ao mundo das abellas e á importancia que teñen para todos nós.     Tedes moita máis información na páxina:  ABELLAS NA ESCOLA

PREME NA IMAXE PARA VER FOTOS DAS SESIÓNS

Tamén podedes ver o seguinte vídeo da exposición que realizamos cando fixemos o Proxecto Documental Integrado sobre O MUNDO DAS ABELLAS

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Unha semana chea de actividades:

  • Unha exposición de máscaras e elementos dos Entroidos máis característicos de Galicia
  • Exposición de Caroutas
  • Desfile dos Peliqueiros de 5º de Infantil.

PREME NAS IMAXES

 

RECANTO DO INVERNO

E xa está listo o recanto que dedicamos ao inverno; nesta ocasión todos os cursos de Primaria fixeron un cadro con algo relacionado co inverno: unha paisaxe, unhas noticias... e tamén os meses de xaneiro e febreiro do "Calendario Poético" do escritor Xaón Neira.

PREME NA IMAXE

DÍA MUNDIAL DA RADIO

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."   SEGUIR LENDO

Este programa especial foi realizado polo alumnado de 6º de Primaria e nel falan da invención da radio e da celebración do entroido no colexio

ENTRAMOS NO ENTROIDO

E  xa queda pouco para O Entroido,  unha festa que no noso colexio celebramos con moita ilusión. Presentarémosvos moitas actvidades que estamos a facer:

  • Unha exposición de máscaras e elementos dos Entroidos máis característicos de Galicia
  • Exposición de Caroutas
  • Desfile dos Peliqueiros de 5º de Infantiil
  • "O MECO MANDA", durante a  seguinte semana teremos que traer vestido o que nos mande... No vídeo podemos ver os mandatos
  • Tamén podedes seguir o noso INSTAGRAM

PREME NA IMAXE

ENCONTRO NA BIBLIOTECA CON XOÁN NEIRA

Na mañá do xoves, 9 de febrero,  Xoán Neira fixo unha visita á nosa Biblioteca para presentar o seu libro "Calendario poético".

Un libro de poemas que fai percorrido polos meses do ano contando as súas características e falando das súas celebracións.

No colexio estamos a traballar estes poemas; por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. No mes de xaneiro xa presentamos o traballo realizado polo alumnado de 1º curso. Neste mes de febreiro as nenas e nenos de 2º presentarán o seu traballo.    

PREME NA IMAXE

VIAXE CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O martes, 7 de  febreiro, todo o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou ata Santiago de Compostela para realizar as seguintes visitas:

  • Parlamento de Galicia
  • Sede da Xunta de Galicia
  • Percorrido polas rúas e Praza do Obradoiro
  • Visita ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago

PREME NA IMAXE

O ALUMNADO DE 2º FAI O PRÉSTAMO DE LIBROS

O alumnado de 2º de Primaria aprendeu a facer o préstamo de libros.

PREME NA IMAXE

Distribuir contido