BiblioCeleiro

Convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2022/23

Convocatoria do programa Radio na Biblio

para o curso 2022/23

Imos solicitar a participación no programa RADIO NA BIBLIO para este curso 22-23, a través da convoctoria que realiza a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Xa vimos participando desde o ano 2018 e foron moitas as alumnas e alumnos que pasaron polo estudo da nosa RADIO realizando moitos programas que se poden ver na PÁXINA DA RUFOSOÑOS.

 

FESTA DO CORRELINGUA

O mércores, 5 de outubro, o colexio de Celeiro participou no Correlingua:

Festa Viveiro | Carpa na explanada do Pavillón polideportivo municipal de Viveiro | Pauliña | Presenta: Fran Rei

Para saber máis sobre esta actividade premede neste enlace:

QUE É O CORRELINGUA

 

NOTICIA NA VOZ DE GALICIA

 

FOTOS DA ACTIVIDADE

PREME PARA VER O VÍDEO

TEMPO DE LECER NA BIBLIOSOÑOS

O luns,  3 de outubro, abrimos a Biblioteca no tempo de lecer.

O voluntariado (alumnado de 5ºe 6º de     primaria ) tamén comezou  a realizar as  súas  funcións:

  • Colocar os  libros nas  estanterías  e  andeis correspondentes.
  • Axudar aos máis pequenos  na procura de  libros.
  • Manter a orde e silencio necesarios para o traballo na Biblioteca...

SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUAROS

O xoves, 29 de setembro realizamos varias sesións de Formación  para todo o alumnado de Infantil e de Primaria.

Todas as nenas e nenos están desexando ir á Biblioteca para participar  de todas as actvidades que  van poder  realizar  este curso;  así que para  primeiros de outubro... TODOS E TODAS Á BIBLIOSOÑOS !!!

Lembrade as  normas  e  tamén os  horarios:


Tamén podedes  ver as fotos das sesións:

PREMEDE NA FOTO

FORMACIÓN DE USUARIOS

Comezado o curso, a biblioteca do colexio xa está preparando todo o necesario para que no mes de outubro nos poñamos a pleno rendimento!.

O xoves, 29 de outubro, teremos sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS para lembrar as normas de funcionamento e presentar as diferentes novidades.

A modo de información deixamos unhas  presentacións:

PREMEDE NA IMAXE

Comezando o curso 2022-23

Damos comezo a un novo curso e fixemos unhas fotos do noso alumnado, nas súas respectivas aulas e xogando no recreo, xa todos xuntiños.

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

Un novo curso na BIBLIOSOÑOS

Comezamos o curso 2022-2023 no que imos  trasladar o blog da Bibliosoños á páxina web do colexio.

Distribuir contido