BiblioCeleiro

O ALUMNADO DE 2º FAI O PRÉSTAMO DE LIBROS

O alumnado de 2º de Primaria aprendeu a facer o préstamo de libros.

PREME NA IMAXE

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa   Asociación de Profesionais da Ilustración .

Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é María Antonia Dans, pintora "cunha profunda conciencia de xénero".

NO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Hoxe, 30 de xaneiro, celebraremos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA no noso colexio. A semana pasada estivemos preparando varias actividades:

  • Realización de pequenos agasallos para intercambialos entre todas as nenas e nenos do cole. Na nosa conta de Instagram  podemos ver o que realizou cada aula de Infantil e Primaria.
  • O alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de RADIO NA BIBLIO con esta temática.
  • Nas aulas de Educación Física, Inglés e Educación Musical  preparamos unhas cancións para cantalas todos xuntos: "Que vivan a Paz e o Amor", SIMAMAKA, "Bo día a toda a xente do lugar"
  • A través da Biblioteca comezamos un proxecto co libro "CALENDARIO POÉTICO" de Xoán Neira. Cada mes ten a súa poesía e por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. Comezaron as nenas e nenos de 1º curso co mes de xaneiro e no seguinte vídeo podemos ver o resultado.

PREME NA IMAXE

 

 

 

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

A pasada semana a biblioteca tivo moita actividade:

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unhas charlas sobre Educación Sexual impartidas por un médico e sexólogo do gabinete Otero Piñán.

Estes talleres enmárcanse dentro dos Contratos Programa, concretamente no EMOCIÓNA-T

Outra das actividades foi a plantación de bulbos no patio exterior da biblioteca que levou a cabo o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para a primavera teremos tulipáns...

No expositor exterior da biblioteca xa están os libros recomendados para traballar o Día da Paz

NOVO RECUNCHO PARA A BIBLIOTECA

Estreamos un novo recuncho a carón da biblioteca

para que no tempo de lecer podades xogar ou ler.

 

VOLTA ÁS AULAS!

Comezamos este 2º trimestre cun traballo proposto pola

MICRORREDE A MARIÑA.

Trátase dun traballo colaborativo entre os centros que formamos a MICRORREDE, entre todos imos crear un conto. Durante estas dúas semanas estará no noso colexio para realizar o noso traballo :

"RULANDO UNHA HISTORIA"

 

PREME NA IMAXE PARA VER O PROCESO DA NOSA CREACIÓN

 

RESUMO DO FESTIVAL DE NADAL

Hoxe deixamos dous vídeos do Festival que realizamos o último día antes das vacacións, para que o podades disfrutar, xunto con boas lecturas, neste tempo de lecer.

 

FESTA DE NADAL

E chegamos ao último día do trimestre, un día moi esperado pois estivemos preparando o gran festival de Nadal:

  • Cada titoría preparou un conto, unhas cancións, bailes... para presentar no festival.
  • Este ano o alumnado de 6º curso, xunto coa súa titora Miriam, levou a cabo toda a organización do mesmo: dirección, atrezo, son, gravación, escenografía; encargados do telón, da taquilla, acomodadores... é dicir todos os cometidos necesarios para que todo estivese en perfecta coordinación. Fixéronno moi ben e resultou un festival moi entretido no que todas e todos pasámolo estupendamente!
  • Tamén fixemos a entrega de premios do concurso de decoración de portas. Os gañadores foron as nenas e nenos de 1º de Primaria da mestra Laura. Noraboa polo traballo ben feito!
  • No Instagram do colexio podedes ver anacos das diferentes actuacións

Deixamos uns vídeos gravados antes do festival:

  • A dramatización do conto "Sopa verde" realizado na aula de 6º de Infantil do mestre Daniel.
  • A canción "Rudolph" preparada polo alumnado de 6º de Primaria nas especialidades de Educación Física, Educación Musical e Lingua Inglesa.

SEGUIMOS CON MÁIS ACTIVIDADES DE NADAL

As actividades que presentamos a continuación foron patrocinadas

pola ANPA do colexio.

MOITAS GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN

Na mañá do martes, 20 de decembro, chegou O Apalpador  ao noso colexio e veu cargadiño de agasallos para todas as aulas de Infantil, Primaria e Especialidades.

No seguinte vídeo podemos ver o seu paso.

Premede na imaxe:

Tamén poidemos participar no concerto que nos deu PAKOLAS. Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben. 

No seguinte vídeo podemos ver un pequenos resumo da súa actuación.

Premede na imaxe:

LIBROS NOVOS NA BIBLIOTECA

Lembramos que, na celebración do Día da Biblioteca, fixemos a actividade "Sorbos de Lectura" onde vos pediamos que nos deixárades as vosas suxestión de novos libros para a biblioteca.

E aquí, nesta pequena exposición,  deixamos os libros mercados.

 

Distribuir contido