Saltar navegación.
Inicio

Saída O Grove

A través desta páxina farémosvos partícipes da nosa saída a través da publicación de fotografías sobre as actividades levadas a cabo.

 

Durante este primeiro día estivemos coñecendo as instalacións do camping e o persoal que traballa nel. Pola tarde, gozamos dunha actividade de bodyboard na praia da Lanzada.

 

 

Neste segundo día de saída aproveitamos o tempo ó máximo. Pola mañá estivemos facendo xogos na praia para despois descubrir de primeira man os seres vivos que forman o ecosistema da areal. Pola tarde realizamos xogos cooperativos, así como as fases dun "ecoparque".

 

 

 

Chegamos ó ecuador da semana pero seguimos coas pilas totalmente cargadas. Neste terceiro día de saída construimos cabanas con elementos naturais durante a mañá, mentres que pola tarde subimos ó máis alto do rocódromo para despois seguir coa tirolina, quedando aínda por diante a nosa terceira velada.

 

 

Pola mañá do cuarto día da saída o alumnado volveu desfrutar do bo tempo e da praia, combinando paseos en kayak como actividades de snorkel. Durante a tarde, volveron realizar xogos cooperativo e o uso da tirolina. Por último, tamén xogaron ó trivial por equipos, onde o equipo do profesorado perdeu con dignidade.

 

Para rematar a nosa saída, despedimos O Grove cunha actvidade na praia de Paddle Surf. A tarde aproveitarémola con xogos dentro do campamento e coa recollida de enseres persoais.