Saltar navegación.
Inicio

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Queridas familias:

Queremos agradecer a vosa colaboración para que hoxe, día 30 de outubro, poidamos estar celebrando o día do Samaín. Adornamos un pouco o colexio, os nenos e nenas viñeron disfrazados, trouxeron cabazas e realizaron diferentes actividades na propia aula, intentando gozar dun día de festa dentro das circunstancias nas que nos atopamos.

Un cordial saúdo e moita saúde!